Víktor Savélievich Onopko, nado o 14 de outubro de 1969 en Luhansk é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol ucraíno con nacionalidade rusa que xogaba na demarcación de defensa. No seu momento foi considerado como un dos mellores de Europa na súa posición.

Traxectoria O seu primeiro club profesional foi o FC Shakhtar Donetsk‎ con apenas 19 anos, tres anos despois fichou polo Spartak Moscova, sendo unha peza clave no equipo que gañou tres tempadas seguidas a Liga rusa e alcanzou as semifinais da Liga de Campións. Militando no Spartak gañou o premio ao futbolista ruso do ano en 1993 e 1994.

En 1995 fichou polo Real Oviedo, onde militou sete anos. En 2002 fichou polo Rayo Vallecano antes de deixar a Liga Española ao ano seguinte. Retirouse en 2006 tras xogar na Liga rusa no FC Alania Vladikavkaz e no FC Saturn.

No ano 2007 asumiu o cargo de Director Deportivo da Unión de fútbol de Rusia, posto que desempeñou ata 2009, cnado pasou a ser segundo adestrador do PFC CSKA Moscova, por aquel entón dirixido por Juande Ramos.

Véxase tamén

Categoría:Nados en Luhansk Categoría:Nados en 1969 Categoría:Futbolistas da Unión Soviética Categoría:Futbolistas de Rusia Categoría:Futbolistas de Ucraína Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do FC Shakhtar Donetsk Categoría:Xogadores do FC Spartak de Moscova Categoría:Xogadores do Real Oviedo Categoría:Xogadores do Rayo Vallecano Categoría:Xogadores da selección de fútbol da Comunidade de Estados Independentes Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Rusia Categoría:Directores deportivos de fútbol