Wayne Anthony Simien, Jr., nado o 9 de marzo de 1983 en Leavenworth, Kansas, é un ex xogador americano de baloncesto profesional. Foi membro dos Miami Heat que conseguiron o seu primeiro campionato da NBA na tempada 2005-06.

Traxectoria deportiva Simien foi seleccionado na 29ª posición do Draft da NBA de 2005 polos Miami Heat, equipo co que gañou a NBA na tempada 2005-06. Durante a tempada regular dese mesmo ano, participou en 43 partidos, acadando 3 puntos e 2 rebotes en 10 minutos de xogo por encontro. Nos Playoffs, tan só xogou en dous partidos.

Simien foi traspasado o 24 de outubro de 2007 xunto a Antoine Walker e Michael Doleac ós Minnesota Timberwolves, a cambio de Ricky Davis e Mark Blount.Heat get Davis, Blount from Wolves for package including Walker. 24 de outubro de 2007 O 29 de outubro, Simien foi cortado polos Wolves.Wolves get younger with buyout of Howard's contract. 29 de outubro de 2007

En outubro de 2008, Simien fichou polo Cáceres Ciudad del Baloncesto da Liga LEB Ouro.El Cáceres aparta a Williams y ficha al campeón de la NBA Wayne Simien O 5 de maio de 2009, Simien decidiu retirarse do baloncesto profesional.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1983 Categoría:Nados en Kansas Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores dos Miami Heat Categoría:Xogadores do Cáceres Ciudad del Baloncesto Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Miami Heat