O Gran Premio do Brasil de 1984 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula 1, celebrada o 25 de marzo de 1984 no circuíto de Jacarepaguá de Río de Xaneiro. Foi a primeira carreira da tempada de e tamén foi o décimo terceiro Gran Premio do Brasil, e a primeira carreira na que a FISA introduciu o límite de 220 litros de combustible por carreira, prohibindo os reabastecementos que se facían ata agora. Moitos dos pilotos predixeron correctamente que isto convertería os Grandes Premios en carreiras de aforro de combustible en lugar de carreiras reais. Tamén foi a primeira carreira de Fórmula Un para o futuro triplo campión do mundo, Ayrton Senna.

Cualificación Elio de Angelis logrou a primeira pole da tempada no seu Lotus - Renault por diante do Ferrari de Michele Alboreto na súa primeira carreira para o Cavallino Rampante. Derek Warwick, na súa primeira carreira con Renault, foi terceiro na grella co McLaren - TAG, Alain Prost foi cuarto, Prost regresaba ao equipo no que comezou a súa carreira logo de tres tempadas con Renault. O actual campión mundial (e o favorito local) Nelson Piquet cualificou sétimo co Brabham - BMW, mentres que outro brasileiro, un novato da Fórmula Un chamado Ayrton Senna clasificouse 17º no seu primeiro Gran Premio no seu Toleman - Hart.

Carreira Alboreto conseguiu adiantarse na saída e liderou ao principio por diante de Warwick e de Angelis, e os McLaren de Niki Lauda e Prost. O francés fixera unha mala saída logo de saír con moi poucas revolucións e era décimo ao final da primeira volta. Prost non fixera prácticas de saída no coche, e na warm-up preguntoulle a Lauda que aceleración debía usar na saída. Lauda díxolle que non menos de 10 mil, pero na grella Prost sentía que isto era demasiado alto e reduciunas a 8000 só para decatarse de que Lauda tiña razón. Malia isto xa empezaba a mostrar a superior velocidade en carreira que se convertería na historia da tempada. Cando Lauda pasou a Warwick para o segundo posto ao final da recta de atrás na volta 10, a parte traseira dereita do McLaren golpeou o pneumático dianteiro esquerdo do Renault. O golpe danou a suspensión de Warwick, o fallo na suspensión obrigouno posteriormente a abandonar a carreira cando se era segundo.

Senna sufriu o seu primeiro abandono da tempada 1984 pola rotura do turbo na volta 8.

A carreira de Alboreto foi arruinada por un perno solto na pinza dereita do freo dianteiro do seu coche, que liberou todo o líquido de freos e provocou o sobre quecemento do freo, dando lugar a un par de trompos. Lauda lideraba por uns 40 segundos na volta 34, cando os cables da batería do seu McLaren soltáronse, provocando un fallo eléctrico. Piquet, que case calara o seu Brabham cando caeu a bandeira, terminou a carreira na volta 32 cando o motor BMW fallou na recta de boxes.

Logo de pasar a Warwick no liderado, Prost, que estaba nos pits para cambiar pneumáticos cando Lauda retirouse, perdeu o liderado de novo co inglés cando fixo a súa segunda parada para cambiar pneumáticos. Recuperou a vantaxe definitiva trala retirada de Warwick e gañou por 40´514 segundos por diante do Williams - Honda de Keke Rosberg e o Lotus de de Angelis. Para Rosberg foi o seu terceiro segundo posto consecutivo no Gran Premio do Brasil, malia que foi o único no que non foi descualificado. Eddie Cheever pilotou ben para terminar cuarto no Alfa Romeo moitos dixeran que non terminaría a carreira antes de quedar sen combustible, mentres que o Renault de Patrick Tambay clasificouse sexto logo de correr seco na última volta, perdendo o quinto posto co outro novato na F1 Martin Brundle no seu Tyrrell - Ford.

Brundle, e todo o equipo Tyrrell serían máis tarde descualificados da tempada por infraccións técnicas. Isto deu lugar ao quinto posto de Tambay con Thierry Boutsen elevado ao sexto no seu Arrows - Ford.

Clasificación Cualificación

Pos Nº Piloto Construtor Cual diferenza 1 11 Elio de Angelis Lotus-Renault 1:28.392 — 2 27 Michele Alboreto Ferrari 1:28.898 +0.506 3 16 Derek Warwick Renault 1:29.025 +0.633 4 7 Alain Prost McLaren-TAG 1:29.330 +0.938 5 12 Nigel Mansell Lotus-Renault 1:29.364 +0.972 6 8 Niki Lauda McLaren-TAG 1:29.854 +1.462 7 1 Nelson Piquet Brabham-BMW 1:30.149 +1.757 8 15 Patrick Tambay Renault 1:30.554 +2.162 9 6 Keke Rosberg Williams-Honda 1:30.611 +2.219 10 28 René Arnoux Ferrari 1:30.695 +2.303 11 22 Riccardo Patrese Alfa Romeo 1:30.973 +2.581 12 23 Eddie Cheever Alfa Romeo 1:31.282 +2.890 13 5 Jacques Laffite Williams-Honda 1:31.548 +3.156 14 26 Andrea de Cesaris Ligier-Renault 1:32.895 +4.503 15 14 Manfred Winkelhock ATS-BMW 1:32.997 +4.253 16 2 Teo Fabi Brabham-BMW 1:33.227 +4.835 17 19 Ayrton Senna Toleman-Hart 1:33.525 +5.133 18 20 Johnny Cecotto Toleman-Hart 1:35.300 +6.908 19 3 Martin Brundle Tyrrell-Ford 1:36.081 +7.689 20 25 François Hesnault Ligier-Renault 1:36.238 +7.846 21 18 Thierry Boutsen Arrows-Ford 1:36.312 +7.920 22 24 Piercarlo Ghinzani Osella-Alfa Romeo 1:36.434 +8.042 23 4 Stefan Bellof Tyrrell-Ford 1:36.609 +8.217 24 21 Mauro Baldi Spirit-Hart 1:36.816 +8.424 25 17 Marc Surer Arrows-Ford 1:37.204 +8.812 26 9 Philippe Alliot RAM-Hart 1:37.709 +9.317 NSC 10 Jonathan Palmer RAM-Hart 1:37.919 +9.527

Carreira Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 7 Alain Prost McLaren-TAG 61 1:42:34.492 4 9 2 6 Keke Rosberg Williams-Honda 61 + 40.514 9 6 3 11 Elio de Angelis Lotus-Renault 61 + 59.128 1 4 4 23 Eddie Cheever Alfa Romeo 60 + 1 volta 12 3 5 15 Patrick Tambay Renault 59 Sen combustible 8 2 6 18 Thierry Boutsen Arrows-Ford 59 + 2 voltas 20 1 7 17 Marc Surer Arrows-Ford 59 + 2 voltas 24 8 10 Jonathan Palmer RAM-Hart 58 + 3 voltas 26 DSC 3 Martin Brundle Tyrrell-Ford 60 Descualificado 18 Ret 16 Derek Warwick Renault 51 Suspensión 3 Ret 26 Andrea de Cesaris Ligier-Renault 42 Caixa de cambios 14 Ret 22 Riccardo Patrese Alfa Romeo 41 Caixa de cambios 11 Ret 8 Niki Lauda McLaren-TAG 38 Eléctrico 6 Ret 12 Nigel Mansell Lotus-Renault 35 Accidente 5 Ret 1 Nelson Piquet Brabham-BMW 32 Motor 7 Ret 2 Teo Fabi Brabham-BMW 32 Turbo 15 Ret 28 René Arnoux Ferrari 30 Batería 10 Ret 24 Piercarlo Ghinzani Osella-Alfa Romeo 28 Caixa de cambios 21   Ret 25 François Hesnault Ligier-Renault 25 Temperatura 19 Ret 9 Philippe Alliot RAM-Hart 24 Batería 25 Ret 20 Johnny Cecotto Toleman-Hart 18 Turbo 17 Ret 5 Jacques Laffite Williams-Honda 15 Eléctrico 13 Ret 27 Michele Alboreto Ferrari 14 Freos 2 Ret 21 Mauro Baldi Spirit-Hart 12 Distribuidor 23 DSC 4 Stefan Bellof Tyrrell-Ford 11 Descualificado 22   Ret 19 Ayrton Senna Toleman-Hart 8 Turbo 16   EX 14 Manfred Winkelhock ATS-BMW 0 Excluído    

Posicións logo da carreira

Clasificación no campionato de piloto Pos Piloto Puntos 1 Alain Prost 9 2 Keke Rosberg 6 3 Elio de Angelis 4 4 Eddie Cheever 3 5 Martin Brundle 2

Clasificación do campionato de construtores Pos Construtor Puntos 1 McLaren-TAG 9 2 Williams-Honda 6 3 Lotus-Renault 4 4 Alfa Romeo 3 5 Tyrrell-Ford 2

Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Martin Brundle e Tyrrell foron posteriormente descualificados do campionato mundial de e os seus resultados e puntos reasignados.

Referencias

''A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de

Ligazóns externas Comments on Ayrton Senna @ 1984 Brazilian GP

Categoría:Grandes Premios de Fórmula 1 de 1984 Categoría:Gran Premio do Brasil de Fórmula 1