A azulenta común (Prunella modularis) é unha especie de ave paseriforme da familia Prunellidae amplamente distribuída por toda Europa. O seu aspecto apagado e pouco rechamante faino difícil de distinguir dun paporrubio xuvenil, dunha pica dos prados ou dun carrizo. Non obstante, o seu estraño hábito de apareamento, con tríos dun macho con dúas femias, ou dunha femia con dous machos, faino moi particular.

O seu canto é un chirlo rápido, plano, agudo, monocorde.

O seu niño é unha cunca herbácea, revestida de musgo ou pelo, con 4-5 ovos postos en 2-3 niñadas de abril a xuño.

Vive entre arbustos, entre a maleza, comendo pequenos insectos e sementes.

Cría en toda Europa menos en Islandia; especialmente en uceiras e marismas con matogueira densa, en zonas costeiras, bosques densos, cultivos e xardíns.

Subespecies

Recoñécense as seguintes subespecies: Prunella modularis hebridium Prunella modularis occidentalis Prunella modularis modularis Prunella modularis mabbotti Prunella modularis meinertzhageni Prunella modularis fuscata Prunella modularis euxina Prunella modularis obscura

Notas

Véxase tamén Bibliografía Hume. Rob. 2020. Guía de campo de las aves de España y Europa. Ediciones Omega ISBN 84-282-1317-8 Ligazóns externas

Canto Ficha da especie (PDF), por Javier Blasco-Zumeta

Categoría:Prunélidos Categoría:Fauna de Europa Categoría:Animais descritos en 1758