A insuficiencia respiratoria é unha síndrome clínica caracterizada pola incapacidade do organismo para manter os niveis arteriais axeitados de oxíxeno e de dióxido de carbono, necesarios para o correcto metabolismo celular.

Concepto A insuficiencia respiratoria aguda é a incapacidade do sistema respiratorio de cumprir a súa función básica, que é o intercambio gasoso de oxíxeno e dióxido de carbono entre o ar ambiental e o sangue circulante, culminando na falla do metabolismo celular do organismo.

De acordo co seu encabezado médico pódese definir como:

En termos médicos, a insuficiencia respiratoria defínese coma a presenza dunha hipoxemia arterial (PaO2 menor a 60 mmHg) en reposo, a nivel do mar e respirando ar ambiental. Este criterio pode acompañarse de hipercapnia (PaCO2 maior de 45 mmHg). Para fins prácticos, pode entenderse que unha saturación de oxíxeno entre 90  e 95  equivalen a unha PaO2 de 60 e 80 mmHg.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Insuficiencia renal Insuficiencia cardíaca

Categoría:Doenzas