A dos pleuronéctidos (Pleuronectidae) é unha familia de peixes teleósteos acantopterixios da orde dos pleuronectiformes.
Comprende numerosas especies principalmente mariñas, aínda que algunhas son habitantes de estuarios e incluso dos ríos, que están distribuídas por todos os océanos.Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Ne York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
O seu nome deriva do do seu xénero tipo, Pleuronectes, co sufixo do latín científico -idae, propio dos nomes das familias de animais. Pola súa parte, Pleuronectes deriva dos termos do grego antigo πλευρά pleurá, "costado", "lado", "flanco" e νηκτόν nēktón "acto de nadar", "natación", derivado do verbo νήχειν nḗchein, "nadar", pola forma característica de nadar de lado.
A maioría das súa especies viven sobre o fondo mariño, e teñen os ollos situados no costado dereito.Pleuronectidae en FishBase.
Os pleuronéctidos apareceron por pormeira vez no rexistro fósil no paleoceno, hai uns 65 millóns de anos, durante o paleóxeno ou terciario temperán.Chapleau, François & Amaoka, Kunio (1998), en Paxton, J. R. & Eschmeyer, W. N., eds. Encyclopedia of Fishes. San Diego: Academic Press. ISBN 0-12-547665-5.Berg, L. S. (1958): System der rezenten und fossilen Fischartigen und Fische. Berlin: VEB Verlag der Wissenschaften.
Case todas as especies da familia teñen importancia pesqueira, entre eles as sollas e os fletáns ou hipoglosos.
Morfoloxía miniatura|Pleuronectes platessa miniatura|Platichthys flesus miniatura|Microstomus kitt miniatura|Parophrys vetulus miniatura|Hippoglossus hippoglossus Teñen ambos os ollos normalmente no lado dereito, o preopérculo cunha marxe libre, aletas sen espiñas, coa dorsal estendéndose sobre a cabeza; a vexiga natatoria está ausente nos adultos.
O lado que mostran cara a arriba está pigmentado, tendo a capacidade de realizar espectaculares cambios de cor co obxecto de confundirse co fondo mariño onde se apoia, chegando incluso a imitar os debuxos das pedras e outros trazos.
Hábitat e reprodución Son depredadores bentónicos de peixes e invertebrados, algúns, como o halibut, en fondos de máis de 1000 m.
Son desovadores peláxicos con abandono da posta; os ovos non teñen depósito de aceite na xema.
Sistemática Segundo o ITIS Segundo o Sistema Integrado de Información Taxonómica (ITIS), a familia dos pleuronéctidos tería 21 xéneros agrupados en 5 subfamilias:Pleuronctidae no ITIS.
Subfamilia Eopsettinae Xénero Eopsetta (Jordan & Goss en Jordan, 1885) Subfamilia Hippoglossinae Xénero Clidoderma (Bleeker, 1862) Xénero Hippoglossus (Cuvier, 1816) Xénero Reinhardtius (Gill, 1861) Xénero Verasper (Jordan & Gilbert en Jordan & Evermann, 1898) Subfamilia Hippoglossoidinae Xénero Acanthopsetta (Schmidt, 1904) Xénero Cleisthenes (Jordan & Starks, 1904) Xénero Hippoglossoides (Gottsche, 1835) Subfamilia Lyopsettinae Xénero Lyopsetta (Jordan & Goss en Jordan, 1885) Subfamilia Pleuronectinae Xénero Isopsetta (Lockington en Jordan & Gilbert, 1883) Xénero Dexistes (Jordan & Starks, 1904) Xénero Glyptocephalus (Gottsche, 1835) Xénero Lepidopsetta (Gill, 1862) Xénero Microstomus (Gottsche, 1835) Xénero Pleuronichthys (Girard, 1854) Xénero Limanda (Gottsche, 1835) Xénero Parophrys (Günther, 1854) Xénero Platichthys (Girard, 1854) Xénero Pleuronectes (Linnaeus, 1758) Xénero Pseudopleuronectes (Bleeker, 1862) Xénero Psettichthys (Girard, 1854)
Segundo a FishBase e o WoRMS Segundo o sistema FishBase, na familia dos pleuronéctidos entrarían como subfamilias unha serie de taxons que no sistema ITIS son considerados como familias á parte, máis concretamente as subfamilias dos Paralichthodinae, Poecilopsettinae e Rhombosoleinae,Cooper, J. A. & F. Chapleau (1998): "Monophyly and intrarelationships of the family Pleuronectidae (Pleuronectiformes), with a revised classification". Fish. Bull., U.S., 96 (4): 686-726. polo que habería uns 40 xéneros e máis de 100 especies agrupadas nas seguintes 4 subfamilias:
Nota: o WoRMS admite, ademais, o xénero Lyospsetta (que tamén admite o SIIT), dentro da subfamilia dos Pleuronectinae.Pleuronectidae Rafinesque, 1815 no WoRMS.
Subfamilia Paralichthodinae Regan, 1920 Xénero Paralichthodes (Gilchrist 1902) Subfamilia Pleuronectinae Rafinesque, 1815 Xénero Acanthopsetta (Schmidt 1904) Xénero Atheresthes (Jordan & Gilbert 1880) Xénero Cleisthenes (Jordan & Starks 1904) Xénero Clidoderma (Bleeker 1862) Xénero Dexistes (Jordan & Starks 1904) Xénero Embassichthys (Jordan & Evermann 1896) Xénero Eopsetta (Jordan & Goss 1885) Xénero Glyptocephalus (Gottsche 1835) Xénero Hippoglossoides (Gottsche 1835) Xénero Hippoglossus (Cuvier 1816) Xénero Hypsopsetta (Gill 1862) Xénero Isopsetta (Lockington 1883) Xénero Kareius (Jordan & Snyder 1900) Xénero Lepidopsetta (Gill 1862) Xénero Limanda (Gottsche 1835) Xénero Liopsetta (Gill 1864) Xénero Microstomus (Gottsche 1835) Xénero Parophrys (Girard 1854) Xénero Platichthys (Girard 1854) Xénero Pleuronectes (Linnaeus 1758) Xénero Pleuronichthys (Girard 1854) Xénero Psettichthys (Girard 1854) Xénero Pseudopleuronectes (Linnaeus 1758) Xénero Reinhardtius (Gill 1861) Xénero Tanakius (Hubbs 1918) Xénero Verasper (Jordan & Gilbert 1898) Subfamilia Poecilopsettinae Norman, 1934 Xénero Marleyella (Fowler 1925) Xénero Nematops (Günther 1880) Xénero Poecilopsetta (Günther 1880) Subfamilia Rhombosoleinae Regan, 1910 Xénero Ammotretis (Günther 1862) Xénero Azygopus (Norman 1926) Xénero Colistium (Norman 1926) Xénero Oncopterus (Steindachner 1874) Xénero Pelotretis (Waite 1911) Xénero Peltorhamphus (Günther 1862) Xénero Psammodiscus (Günther 1862) Xénero Rhombosolea (Günther 1862) Xénero Taratretis (Last 1978)
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2. Eschmeyer, William N., ed. (1998): Catalog of Fishes. Special Publication of the Center for Biodiversity Research and Information, núm. 1, vol. 1-3. San Francisco (California, Estados Unidos): California Academy of Sciences. ISBN 0-940228-47-5. Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7. Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1992): Peixes do mar de Galicia. (III) Peixes óseos (continuación). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-654-8. Solórzano, Manuel R[odríguez]; José L. Rodríguez, José Iglesias, Francisco X, Pereira e Federico Álvarez (1988): Inventario dos peixes do litoral galego (Pisces: Cyclostomata, Chondrichthyes, Osteichthyes). O Castro-Sada, A Coruña: Cadernos da Área de Ciencias Biolóxicas (Inventarios). Seminario de Estudos Galegos, vol. IV. ISBN 84-7492-370-0.
Outros artigos Peixes Acantopterixios Pleuronectiformes
Ligazóns externas Pleuronectidae en FishBase. Pleuronectidae no SIIT. Pleuronectidae en ADW. Pleuronectidae no NCBI. Pleuronectidae no WoRMS.
Categoría:Pleuronectiformes