250px|miniatura|Acordo Tripartito de Madrid. Acordo Tripartito de Madrid ou Acordos de Madrid é o nome simplificado da Declaración de principios entre España, Marrocos e Mauritania sobre o Sáhara Occidental, asinada o 14 de novembro de 1975 en Madrid entre os representantes de España, Marrocos e Mauritania sobre o ata entón denominado Sáhara Español. Componse dunha declaración política e varios anexos secretos.

Declaración A declaración política estipulaDeclaración de principios entre España, Marruecos y Mauritania sobre el Sahara Occidental, Fuente: "United Nations Treaty Series", extraoficialmente «Acuerdo tripartito de Madrid» o «Acuerdo de Madrid». que España transferirá a administración do Sáhara Occidental. Esa transferencia faise a unha administración temporal tripartita composta por España, Marrocos e Mauritania.

A validez xurídica deste acordo foi cuestionada polo Secretario Xeral Adxunto de Asuntos Xurídicos e Asesor Xurídico das Nacións Unidas, Hans Corell, nun importante ditame o 29 de xaneiro de 2002 sobre a legalidade dos acordos petroleiros asinados por Marrocos.Carta de data 29 de xaneiro de 2002 dirixida ao Presidente do Consello de Seguridade polo Secretario Xeneral Adxunto de Asuntos Xurídicos, Asesor Xurídico. Na actualidade, o ente encargado de mediar no problema é a Misión de Nacións Unidas para o referendo no Sáhara Occidental.Página oficial en españolResolución 1495

Situación na actualidade O certo é que, despois deste acordo, a ONU non considerou a Marrocos (nin, no seu momento, a Mauritania)Library of Congress. Country Studies: Mauritania. como potencias administradoras do territorio do Sáhara Occidental, que segue figurando na lista da ONU como único territorio español pendente de descolonización.

Xunto ao acordo político existían uns anexos secretos, dos que só unha parte foi filtrada. Os anexos secretos económicos estipulaban a cesión a Marrocos do 65% da empresa Fos Bucraa, que explotaba os ricos xacementos de fosfatos do Sáhara Occidental, a cambio de que España obtivese dereitos de pesca para 800 barcos durante 20 anos. Os acordos secretos en materia de pesca foron incumpridos por Marrocos.

Politicamente, os acordos de Madrid foron un paso importante da dinastía alauí na consecución do seu proxecto de Gran Marrocos. A importancia do apoio prestado polos Estados Unidos foi considerado por algúns analistas como definitivo.Jacob Mundy "Le Monde diplomatique" English edition. January 2006

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Sáhara Español Historia do Sáhara Occidental

Categoría:Sáhara Occidental Categoría:Historia de Marrocos Categoría:Historia de España Categoría:Tratados internacionais Categoría:1975