alt= Bouteilles de sirop Barbapapa|miniatura|Botellas de almibre Barbapapa Barbapapa é unha serie de libros infantís, creada o 19 de maio de 1970 pola parella franco-norteamericana, Annette Tison e Talus Taylor. Os Barbapapa son personaxes con forma de pera de diversas cores que teñen a capacidade de mudar de forma á mantenta.
Os libros publicounos en francés L'École des loisirs e despois Éditions du Dragon d'Or.. Traducíronse a máis de trinta linguas, e adaptáronse en series animadas de televisión.
Orixe Annette Tison e Talus Taylor argallaron os Barbapapa en París, segundo eles contaron, cando estaban no xardín de Luxemburgo, Talus sentiu como un neno pedía a seus pais algo que chamaba Baa baa baa baa. Descoñecendo o francés, pediulle a súa dona que llo explicase, e ela díxolle que era unha larpeirada coñecida como barbe à papa (nube de algodón).
Algo máis tarde, nun restaurante, a parella deseñou no mantel un personaxe inspirado na larpeirada: un personaxe rosa con formas arrondeadas.
Personaxes miniatura|Barbapapas Barbapapa Pais Barbapapa, o pai (de cor rosa) Barbamama, a nai (de cor negra) Barbabébés, fillas : Barbalala, gústalle a música (de cor verde) Barbabelle, a máis fermosa (de cor violeta) Barbotine, a intelectual (de cor laranxa con lentes) Barbabébés, fillos : Barbidur, gústalle o deporte (de cor vermella) Barbibul, o científico (de cor azul) Barbidou, amigo natureza e dos animais (de cor amarela) Barbouille, o pintor (de cor negra con pelo longo) Outros personaxes recorrentes: os nenos, Claudine e François a cadela, Lolita o tucano de Barbidou, Toucan
Libros
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio oficial dos Barbapapa //
Categoría:Literatura infantil