miniatura|260px|Lepidorhombus whiffiagonis. Lepidorhombus é un xénero de peixes teleósteos da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos escoftálmidos,Lepidorhombus Günther, 1862 no WoRMS. propios das costas do nordeste do océano Atlántico, incluíndo o mar Mediterráneo,Muus, Bent J.; Jørgen G. Nielsen; Preben Dahlstrøm e Bente O. Nyström (1998): Peces de mar del Atlántico y del Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1161-2.Rodríguez Solórzano, Manuel; Sergio Devesa Regueiro e Lidia Soutullo Garrido (1983): Guía dos peixes de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-433-4.Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1995): Peixes do mar de Galicia. (III) Peixes óseos (continuación). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-870-2. e coñecidos como meigas ou rapantes.meiga no dicionario da RAG.

Son peixes planos que viven en fondos areosos e fangosos da rexión litoral e en augas máis profundas.

Etimoloxía Lepidorhombus deriva os termos do grego antigo λεπίσ, lepís, "escama" e ῥόμβος rhómbos, "algo que xira",ῥόμβος Henry George Liddell & Robert Scott: A Greek-English Lexicon, en Perseus. que deriva do verbo ρέμβω rhémbō, "dar voltas e voltas",ρέμβω Henry George Liddell & Robert Scott: A Greek-English Lexicon, en Perseus. palabra que foi utilizada tanto por Euclides como por Arquimedes, que utilizaron o termo "rombo sólido" para describir a figura formada por dous conos que comparten unha base común, é dicir, un rombo.The Origin of Rhombus .

Taxonomía O xénero foi creado en 1862 polo zoólogo británico de orixe alemá Albert Günther.

Especies Na actualidade recoñécense no xénero dúas especies: Xénero Lepidorhombus Günther Lepidorhombus boscii (Risso, 1810) Lepidorhombus whiffiagonis (Walbaum, 1792)

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7. van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N. & Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al., eds. European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. Collection Patrimoines Naturels, 50: pp. 357–374.

Outros artigos Pleuronectiformes Escoftálmidos

Ligazóns externas Lepidorhombus en FishBase.

Categoría:Pleuronectiformes