A Foto 51 é o nome informal que se lle deu a unha imaxe de difracción de raios X do ADN tomada por Raymond Gosling en maio de 1952, cando traballaba como estudante baixo a supervisión de Rosalind Franklin, no King's College de Londres no grupo de Sir John Randall. Era a 51ª foto de difracción do ADN que tomara o equipo de Franklin e Gosling. Esta foto foi unha proba fundamental para identificar a estrutura do ADN.

Maurice Wilkins mostroulle esta foto a James Watson cando Gosling volvera estar baixo a supervisión de Wilkins. Rosalind Franklin non tivo coñecemento disto. Xunto con Francis Crick, Watson usou as características da Foto 51 para desenvolver o modelo químico da molécula de ADN. En 1962, o premio Nobel de Fisioloxía e Medicina foille concedido a Watson, Crick e Wilkins. Frankling non foi premiada porque morrera 4 anos antes. Os traballos de Gosling, que si estaba vivo, tampouco foron citados polo comité do premio Nobel.

A fotografía proporcionou información clave que foi esencial para desenvolver o modelo do ADN."No momento que vin a foto quedei coa boca aberta e o meu pulso empezou a acelerar." -- James D. Watson (1968), The Double Helix, páxina 167. New York: Atheneum, Library of Congress número de tarxeta 68-16217. A páxina 168 mostra o patrón con forma de X da forma B do ADN, que proporcionou detalles da estrutura helicoidal do ADN a Watson e Crick. que levou ao desenvolvemento do modelo do ADN e confirmou a estrutura helicoidal do ADN previamente postulada, que fora presentada nunha serie de tres artigos na revista Nature en 1953. O padrón de difracción determinaba a natureza helicoidal das febras en dobre hélice antiparalelas. O exterior da cadea de ADN ten un esqueleto de moléculas de desoxirribosa e fosfato alternantes, e no interior están as bases que codifican a información xenética. Os cálculos de Watson e Crick feitos a partir da fotografía do equipo de Franklin proporcionaron os parámetros fundamentais sobre o tamaño e estrutura da hélice.Maddox, pg. 199

Cando os historiadores reexaminaron o período durante o cal se obtivo esta imaxe, orixinouse unha considerable controversia sobre a importancia e a contribución desta imaxe ao traballo de Watson e Crick, e sobre os métodos mediante os que obtiveron a imaxe. Franklin fora contratada independentemente de Maurice Wilkins, quen, non obstante, mostrou a Foto 51 a Watson e Crick, sen o seu coñecemento. Se Franklin tería deducido ou non cos seus propios datos a estrutura do ADN en caso de que Watson e Crick non tivesen obtido a súa imaxe, é un asunto moi debatido,Max Perutz and the Secret of Life. Published in the UK by Chatto & Windus (ISBN 0-7011-7695-4), and in the USA by the Cold Spring Harbor Laboratory Press. que se fai máis controvertido pola negativa caricatura que se fai de Franklin nos primeiros capítulos da historia escrita por Watson The Double Helix sobre a investigación da estrutura do ADN. Watson admitiu a imaxe distorsionada da figura de Franklin que fixera no seu libro, facendo notar no epílogo: "Como as miñas impresións iniciais sobre [Franklin], tanto científicas coma persoais (como se indica nas primeiras páxinas deste libro) eran a miúdo erradas, quero dicir algo aquí sobre os seus logros."

Notas

Categoría:ADN Categoría:Cristalografía