Marcel Camus, nado en Chappes (Ardenas) o 21 de abril de 1912 e finado en París o 13 de xaneiro de 1982 foi un director de cinema francés.

Traxectoria Camus estudou arte e tratou de converterse en profesor. Porén, a segunda guerra mundial crebou os seus plans e pasou parte da guerra nun campo de prisioneiros alemán.

Antes de debutar como director, foi axudante de cineastas coma Jacques Feyder, Luis Buñuel e Jacques Becker. Dirixiu case unha ducia de filmes, incluíndo Orfeo negro, que gañou a Palma de Ouro no Festival de Cannes e o Oscar ao mellor filme en lingua non inglesa.

En 1960 dirixiu un segundo filme de tema brasileiro, Os bandeirantes, e vinte anos despois outro máis, Otalia da Bahia, que foi o seu último filme e que estaba baseado nunha novela de Jorge Amado. Porén, estes filmes non acadaron o éxito de Orfeo negro.

En 1970 logrou un certo éxito coa comedia bélica Le Mur de l'Atlantique, protagonizada polo cómico Bourvil.

Camus acabou a súa carreira principalmente na televisión.

Filmografía 1957 - Mort en fraude 1959 - Orfeo negro 1959 - Os Bandeirantes 1962 - L'Oiseau de paradis 1965 - Le Chant du monde 1965 - Vivre la nuit 1970 - Un été sauvage 1970 - Le Mur de l'Atlantique 1975 - Otalia de Bahia

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Directores de cinema de Francia Categoría:Nados no departamento das Ardenas Categoría:Nados en 1912 Categoría:Finados en 1982