Monolene é un xénero de peixes teleósteos da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos bótidos.Bathysolea Roule, 1916 no WoRMS.

Encóntranse nos océanos Atlántico oriental e Pacífico occidental.

As especies deste xénero son de pequenas dimensións.

Taxonomía O xénero foi descrito en 1916 polo zoólogo francés Louis Roule.

Etimoloxía

O nome Bathysolea vén da forma do latín científico bathy-, que deriva do grego antigo βαθύς bathýs, "profundo", e o latín científico solea, que era o nome que lle daban os romanos a unha certa especie de linguado, debido ao seu aspecto que recordaba a sola dunha sandalia (en latín clásico, solea, -ae). Literalmente: "linguado das profundidades".

Especies Na actualidade no xénero recoñécense estas catro especies:Froese, Rainer, and Daniel Pauly, eds. (2012): Especies de Bathysolea en FishBase.

Bathysolea lactea Roule, 1916 Bathysolea lagarderae Quéro & Desoutter, 1990 Bathysolea polli (Chabanaud, 1950) Bathysolea profundicola (Vaillant, 1888)

A última delas está presente nas augas de Galicia,Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1995): Peixes do mar de Galicia. (III) Peixes óseos (continuación). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-870-2, pp. 304-305. á que Villanueva e Vázquez dan o nome de linguado de fondo.Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8, p. 84.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Pleuronectiformes Soleidos

Categoría:Pleuronectiformes