miniatura|Unha toalla estendida en Innsbruck, Austria. A frase "Non entren en pánico" é unha cita célebre de Douglas Adams. O Día da Toalla é celebrado no día 25 de maio como unha homenaxe dos fans ao autor da saga do Guía do autostopista galáctico, Douglas Adams.
Orixe A denominada "triloxía de cinco libros" conta a historia de Arthur Dent e compañía en aventuras pola galaxia e polo tempo. Un detalle importante da historia é a importancia da toalla para os "autostopistas interestelares", a cal sería útil para as máis variadas e inimaxinábeis situacións. Conforme o primeiro libro da saga:
Ao primeiro, cando faleceu Douglas Adams, as fans do autor querían encontrar unha forma de homenaxear unha persoa que fixera o mundo rir e chorar de rir, de maneira que precisaban dun tema con graza para a súa homenaxe. Como a súa obra máis coñecida é o Guía do autostopista galáctico, e como no libro o autor dedicou unha páxina enteira á toalla e á súa importancia para os autostopistas galácticos, decidiuse entón polo uso da toalla como tema da homenaxe.
O 25 de maio de 2001 os membros do h2g2 fixeron a primeira homenaxe. Despois discutiuse sobre a posibilidade de alterar o día para 42 días despois da data do falecemento, debido a outro detalle da saga, que afirma que a resposta para cuestión fundamental da vida, o universo e todo o demais sería 42. De todos os xeitos, acabou continuando na data da primeira conmemoración, 25 de maio. A data é lembrada polos fans que carrexan unha toalla durante o día enteiro con eles. Algúns úsana como capa, outros como turbante, en definitiva, cada un usa a toalla como desexa, sempre que a leve consigo.
O 25 de maio tamén é coñecido como Día do Orgullo Geek ou Día do Orgullo Friki, por ser tamén o día da estrea do primeiro filme da serie Star Wars, A guerra das galaxias, o 25 de maio de 1977.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Towel Day - Celebrating the life and work of Douglas Adams (en inglés). Towel Day Flickr (en inglés).
Categoría:Guía do autostopista galáctico Categoría:Días de homenaxe