Nós Pobra é unha formación política asemblearia de ámbito municipal da Pobra do Caramiñal.
Traxectoria Presentouse como agrupación de electores ás eleccións municipais de 2015 para as que celebrou primarias nas que se elixiu o exnacionalista Xosé Lois Piñeiro como cabeza de lista. Logrou catro concelleiros con 1563 votos (27.4%) nun consistorio no que o Partido Popular perdeu a maioría absoluta despois de 16 anos , polo que a formación accedeu ao goberno co apoio do BNG e do PSdeG. , optando por un goberno minoritario en solitario. Posteriormente pasaría a engrosar o proxecto de En Marea.
Nas eleccións de 2019, Nós Pobra logrou a vitoria con 2019 votos (36,14%) e 5 concelleiros, revalidando o goberno e conformando unha coalición en minoría coa única edil do PSdeG. En outubro de 2020 uníronse ao goberno os dous concelleiros do BNG, polo que logrou gobernar en maioría tras 5 anos en minoría. Nas eleccións de 2023 a formación baixou ata os 1214 votos (23,05%) e 3 concelleiros, mais conseguiu reter o goberno co apoio de BNG, PSdeG e VIxP, se ben tanto Xosé Lois Piñeiro e a súa número 2, Estefanía Ramos, deberon renunciar á alcaldía (por esixencia de VIxP e BNG) en favor do número 3 da lista José Carlos Vidal.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Facebook de Nós Pobra
Categoría:Forzas políticas de Galicia