Mary Beale ou Mary Cradock (apelido do seu pai, que conservou até o seu matrimonio), nada en Great Barrow (no presente, Barrow, no condado inglés de Suffolk) o 26 de marzo de 1633 e finada o 8 de outubro de 1699 en Londres, foi unha retratista inglesa, considerada unha das máis salientables e prolíficas do século XVII en Inglaterra. Tamén ten a consideración de ser a primeira pintora profesional do seu país. O seu libro "Observacións" ( Observations), aínda que nunca publicado, é un dos primeiros libros de instrucións sobre a arte da pintura escritos por unha muller e, dun xeito consciente, presentouna como unha autoridade na pintura da época. Como muller, non respondeu aos estereotipos do momento debido ao seu talante aberto e ao feito de ser o sostén económico da súa familia.

Primeiros anos miniatura|esquerda|200px|Mrs. Beale and her son Charles, por Thomas ChambersGravado en papel de 1762, obra de Thomas Chambers (ou Chambars), sobre uns debuxos da propia Mary Beale (16 x 11,8 cm; National Portrait Gallery, Londres).. Beale naceu en Barrow, unha poboación no actual distrito de Saint Edmundsbury, preto da fronteira co condado histórico de Cambridgeshire, foi a filla máis vella de John Cradock, un pastor puritano. A súa nai, Dorothy Brunton (de apelido Cradock tras o seu matrimonio), morreu cando Mary contaba 10 anos. O seu pai foi pintor afeccionado e membro do Gremio de Pintores Tintureiros de Inglaterra, estando familiarizado con artistas locais como Nathaniel Thach, Matthew Snelling, Robert Walker e Peter Lely. Non obstante, a pesar de que Mary tivo acceso á pintura desde a infancia, o seu pai non a considerou para que se desenvolvera nesta profesión, como proba o feito de que á súa morte legara os seus materias pictóricos non á súa filla senón ao seu sobriño, Nathaniel Thach.

Con 18 anos, o 8 de marzo, de 1652, casou con Charles Beale, un comerciante de tecidos de Londres, tamén pintor afeccionado coma o pai de Mary. O matrimonio trasladouse a Londres sobre 1656, a Covent Garden. Ela converteuse en retratista case profesional nas décadas de 1650 e 1660, traballando desde a súa casa, primeiro en Covent Garden e máis tarde en Fleet Street. Nestes primeiros anos como pintora realizou fundamentalmente retratos de familiares e amigos, como os dous óleos sobre papel do seu fillo Bartholomew sobre 1660.

Neste primeiro período pódenselle atribuír os retratos de "Lady Penelope Hervey" (circa 1655) e de "Catherine Gage" (circa 1658), no estilo de Anton van Dyck, seguindo os consellos do seu titor Robert Walker. Pouco tempo antes de 1665, os Beale trabaron amizade con Thomas Flatman, quen con probabilidade introduciuna na arte do retrato miniado (algúns exemplos están asinados coas súas iniciais "MB").

A familia de Mary Beale trasladouse a unha granxa en Allbrook (actualmente, Allbrook e North Boyatt, no condado de Hampshire) en 1665 debido a dificultades financeiras (o seu marido perdeu o seu lucrativo emprego como subsecretario na Oficina de Patentes) e tamén á Gran Praga de Londres, que desatou a maior emigración histórica da cidade. Viviu os seguintes cinco anos nun serradoiro de madeira que adaptou como vivenda para a súa familia e como estudio de pintura.

Contorna profesional Regresou a Londres en 1670 e estableceu o seu estudio en Pall Mall, onde o seu marido traballou como o seu asistente, mesturando pinturas e levando as súas contas, mudando o matrimonio os tradicionais roles que viñan asignándose sistematicamente neste tempo. Tamén tivo como pupilos aos seus dous fillos e outros dous asistentes máis sobre 1681. A empresa foi un éxito e o matrimonio fixo un círculo de amigos de xente destacada da época, incluídos o poeta Thomas Flatman, Samuel Woodford, o Arcebispo de Canterbury John Tillotson e os bispos Edward Stillingfleet e Gilbert Burnet. Practicou un estilo pictórico moi de moda na época: o chamado retrato de Corte, promovido por nobres laicos e eclesiásticos, así como por burgueses en franco ascenso social no seu acceso á fama e transcendencia, para medrar no ambiente inmediato ao monarca, é dicir, na corte. Entre os seus clientes figuraron aristócratas, propietarios de terras de clases medias e, sobre todo, clérigos protestantes, moitos deles amigos íntimos dos Beale. Mary Beale reencontrouse con Peter Lely (un dos maiores representantes deste estilo no país), quen nese momento era membro do Tribunal de Xustiza e artista exclusivo de Carlos II de Inglaterra. O seu traballo posterior estivo fortemente influído por Lely, e se considera que moitos dos seus retratos adoitan ser copias ou miniaturas das obras de Lely ou ben débenlle a súa inspiración. Nos últimos anos tivo como alumna a Sarah Curtis (Mrs. Hoadley).

Desta época pódese salientar o retrato do clérigo "John Wilkins DD" (circa 1670), unha figura de 3/4 sedente, composición que máis adiante sería moi habitual para retratar a bispos. Tamén "Jane Fox, Lady Leigh, as a Shepherdess" ("Jane Fox, Lady Leigh, coma unha pastora", ca. 1676), retrato claramente influído por Lely.

Familia esquerda|miniatura|200px|Autorretrato coa imaxe dos seus fillos (ca 1670).Un dos seus fillos, Bartholomew (Bartolomeu), morreu novo, en 1654. O seu segundo fillo, tamén chamado Bartholomew (nado en 1656), dedicouse á pintura antes de converterse en médico. Un terceiro fillo, Charles Beale (nado en 1660), tamén foi pintor e especializouse na creación de miniaturas. Os problemas económicos da familia non se resolveron pese á popularidade de Mary como retratista debido aos grandes gastos na merca de obxectos de consumo e obras de arte, ademais do dispendio que implicaba atender aos seus numerosos invitados e patrocinadores. Nos derradeiros anos da súa carreira, a pintora experimentou con soportes máis económicos, como bolsas de cebolas, por exemplo, e Charles realizou un detallado rexistro destes experimentos e do resultado obtido cos novos soportes e imprimacións.

Final da súa carreira O estilo de retrato de Corte comezou a perder popularidade e a clientela de Mary reduciuse considerablemente cara a 1680, pasando os seus encargos a unha media de 39 anuais. No tempo que non traballaba nalgún encargo, Mary practicaba realizando pequenos estudos á familia e amigos, sendo representativo deste período o seu "Autorretrato" (ca. 1675-1680), de cores brillantes e un estilo decorativo que lembra a William Wissing. Outras obras foron "Child as Bachhus" (ca. 1679) e o retrato de "Samuel Woodforde DD" (1692).

Utilizou varias técnicas, que incluían o óleo, a acuarela e o pastel. Traballou ata o ano do seu pasamento, en 1699, na vivenda familiar no Pall Mall londiniense. Mary Beale está enterrada no cemiterio da parroquia de Saint James-in-the-Fields, en Piccadilly. O seu marido morreu en 1705.

O singular caso de Mary Beale, ao ser a única profesional no ámbito pictórico inglés do seu tempo, quedou remarcado nas cartas e textos conservados da propia pintora nos que plasmou avanzadas ideas sobre o matrimonio e a igualdade de xéneroAsí informa Javier García Blanco no artigo citado do seu blog., ademais de salientar "a súa propia determinación a facer da pintura non só unha afección, como sucedía con moitas damas do período, senón unha auténtica carreira".

Influencia da súa obra O seu retrato dunha Rachel Carew cun estraño sorriso (exposto no Antony House, preto de Plymouth, en Cornualla), impresionou á escritora Daphne du Maurier, a quen inspirou a súa novela "A miña prima Raquel" (My Cousin Rachel), en 1951.

Obra ImaxeTítuloAno LocalizaciónMaterialDimensións100pxSelfportrait (Autorretrato)ca. 1675-80Manor House Museum (Bury Saint Edmunds, Suffolk)óleo sobre arpilleira89 x 73 cm100pxPortrait of Lady Penelope Hervey (Retrato de Lady Penelope Hervey). Retrato atribuído a un seguidor de Anton van Dyck, probablemente Mary Beale.ca. 1655Moyses Hall Museum (Bury Saint Edmunds, Suffolk)óleo sobre lenzo100pxPortrait of Charles Beale (Retrato de Charles Beale)ca. 1660McMaster Museum of Art (Hamilton, Ontario, Canadá)óleo sobre papel montado posteriormente sobre lenzo39,3 x 31,2 cm100pxCharles Beale the Elder (Charles Beale o Vello)ca. 1663National Portrait Gallery (Londres)100pxSelfportrait of Mary Beale with her husband Charles and son Bartholomew (Autorretrato de Mary Beale co seu marido Charles e o seu fillo Bartholomew)ca. 1665The Geffrye Museum of the Home (Londres)óleo sobre lenzo100pxPortrait of Charles Beale, the artist's husband, seated (Retrato de Charles Beale, o marido da artista, sentado)ca. 1666Moyses Hall Museum (Bury Saint Edmunds, Suffolk)óleo sobre lenzo100pxSelfportrait (Autorretrato coa imaxe dos seus fillos)ca. 1670óleo sobre lenzo109,2 x 87,6 cm100pxPortrait of Lady Sarah Hall (Retrato de Lady Sarah Hall)ca. 1670Moyses Hall Museum (Bury Saint Edmunds, Suffolk)óleo sobre lenzo100pxSir Roger Martin, Baronet. Lenzo atribuído ao círculo de Mary Bealeca. 1670Moyses Hall Museum (Bury Saint Edmunds, Suffolk)óleo sobre lenzo100pxBishop John Lake (Bispo John Lake)ca. 1670100pxPortrait of Jan Baptist van Helmont (Retrato de Jan Baptist van Helmont). Algunhas fontes sinalan, incorrectamente, que o retrato é de Robert Hookeca. 1674100pxSelf Portrait, ′in little′ (Autorretrato, de pequena)ca. 1675Moyses Hall Museum (Bury Saint Edmunds, Suffolk)óleo sobre lenzo100pxCharles Beale (Charles Beale o Xove)ca. 1675Moyses Hall Museum (Bury Saint Edmunds, Suffolk)óleo sobre lenzo46 x 33 cm100pxCharles Bealeca. 1675Moyses Hall Museum (Bury Saint Edmunds, Suffolk)óleo sobre lenzo45,7 × 38,1 cm100pxActress Mary "Moll" Davis, King's mistress (A actriz Mary "Moll" Davis, amante do Rei Carlos II)ca. 1675National Portrait Gallery (Londres)óleo sobre lenzo45,6 x 38 cm100pxSir Thomas Isham, 3rd Baronet (Sir Thomas Isham, 3º Baronet). Copia dunha obra de Peter Lelyca. 1675óleo sobre lenzo45 x 36,5 cm100pxGilbert Burnet (1643-1715), DD, Bishop of Salisbury, Theologian and Historian (Gilbert Burnet (1643-1715), DD, Bispo de Salisbury, Teólogo e Historiador)ca. 1675 (outras fontes sitúano en 1691)Moyses Hall Museum (Bury Saint Edmunds, Suffolk)óleo sobre lenzo64 × 53 cm100pxPortrait of Lady Essex Finch (Retrato de Lady Essex Finch)ca. 1675Moyses Hall Museum (Bury Saint Edmunds, Suffolk)óleo sobre lenzo100pxJane Fox, Lady Leigh, as a Shepherdess (Jane Fox, Lady Leigh, coma unha pastora)ca. 1676Moyses Hall Museum (Bury Saint Edmunds, Suffolk)óleo sobre lenzo56 × 46 cm100pxPossibly Mary Knott (Posiblemente, Mary Knott). Atribuído a Mary Beale.Chirk Castle (Wrexham, Gales)óleo sobre lenzo125 x 103 cm100pxGeorge Savile, 1st Marquess of Halifax (George Savile, 1º Marqués de Halifax)ca. 1674-76National Portrait Gallery (Londres)óleo sobre lenzo124,5 x 100,3 cm100pxSelf Portrait of the Artist as a Shepherdess (Autorretrato da artista coma unha pastora)ca. 1677Moyses Hall Museum (Bury Saint Edmunds, Suffolk)óleo sobre lenzo100pxPortrait of Jane, Lady Twisden (Retrato de Jane, Lady Twisden)ca. 1677Moyses Hall Museum (Bury Saint Edmunds, Suffolk)óleo sobre lenzo100pxHenry Cavendish, 2nd Duke of Newcastle-upon-Tyne (Henry Cavendish, 2º Duque de Newcastle-upon-Tyne)ca. 1677óleo sobre lenzo74 x 61 cm100pxFrances Duchess of Newcastle (Frances Cavendish, Duquesa de Newcastle, nada Frances Pierrepont)óleo sobre lenzo76,2 x 63,5 cm100pxPortrait of Sir Edmund Andros (Retrato de Sir Edmund Andros)Pintura ó óleo100pxKing Charles II (O Rei Carlos II)|

|100px |William Pierrepont|ca. 1670-79 | |óleo sobre lenzo |76,2 x 63,5 cm |- |100px |The Young Bacchus (O xove Baco) |ca. 1679 |Moyses Hall Museum (Bury Saint Edmunds, Suffolk) |óleo sobre lenzo |65,4 x 55,7 cm |- |100px |Charles Beale|ca. 1680 |Moyses Hall Museum (Bury Saint Edmunds, Suffolk) |óleo sobre sarga |74 x 61 cm |- |100px |Charles Beale|ca. 1680 |Moyses Hall Museum (Bury Saint Edmunds, Suffolk) |óleo sobre lenzo |50 x 42 cm |- |100px |Charles Beale|ca. 1680 | |óleo sobre lenzo

|100px |Portrait of a girl with a cat (Retrato dunha nena cun gato) |ca. 1680 |Moyses Hall Museum (Bury Saint Edmunds, Suffolk)