Manuel Paz Varela, nado en Cambados en 1876 e finado no Porriño o 30 de decembro de 1938,Boletín Oficial del Colegio Provincial de Médicos de Pontevedra, 1-12-1938, p. 38. foi un mestre, médico e escritor galego. Traxectoria miniatura|page=311|Discurso de Manuel Paz Varela sobre o Dr. Pedro Recio de Agüero, personaxe do Quixote. Fillo de Gerardo Paz Casas, ordenanza da Deputación de Pontevedra, e Carmen Varela Carballo.El Progreso, 14-11-1925, p. 4. Estudou Maxisterio, traballou como mestre e custeou os estudos de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, que rematou en 1899.Boletín de Medicina y Cirugía, 15-10-1899, p. 24. En 1904 obtivo a praza de oficial médico da Armada Española por oposición,El Diario de Pontevedra, 7-3-1904, p. 2. exerceu na Mariña durante un tempo e solicitou a separación do servizo. Trasladouse ao Porriño e obtivo a praza de médico municipal de Mos en 1907.La Correspondencia Gallega, 8-4-1907, p. 3. Fixo estudos sobre Eça de Queirós e publicou o libro La comedia lusitana. Colaborou en Crónica de la Asamblea Pedagógica y Exposición Escolar, La Integridad, El Progreso, El Lince e El Pueblo Gallego. Utilizou o pseudónimo Xan d'Outeiro para as súas colaboracións na prensa. Foi vicepresidente da sección de literatura do Ateneo de Vigo. Deixou escritas tres novelas en portugués."Recuerdo de don Manuel Paz Varela" in El Pueblo Gallego, 27-9-1964, p. 17.
Obras De la comedia lusitana. Apuntes para una historia de la revolución portuguesa, 1911.Ficha en Galiciana Recoñecementos O concello do Porriño dedicoulle unha rúa.
Vida persoal Casou con Enriqueta Domínguez Rodríguez, e foi pai de cinco fillos.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Páxina web da Asociación Doctor Paz Varela De la comedia lusitana La filantropía del Doctor Paz Varela, mi bisabuelo II Instituto Doctor Paz Varela
Categoría:Médicos de Cambados Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Cambados Categoría:Nados en 1876 Categoría:Finados en 1938 Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Escritores en lingua portuguesa Categoría:Militares de Galicia