A difteria (do grego διφθέρα [diphthera], coiro) é unha doenza infecciosa que afecta á pel e á nasofarinxe, producida pola bacteria Corynebacterium diphtheriae, tamén coñecido coma bacilo de Klebs-Löffler por seren os apelidos dos descubridores do axenteEdwin Klebs e Friedrich Löffler foron os científicos que describiron por vez primeira a bacteria Corynebacterium diphtheriae. Algunhas cepas deste microorganismo son quen de produciren toxinas, que poden afectar a órganos coma o corazón, producindo miocardite, ou ao sistema nervioso, producindo polineuropatía. Porén, o máis habitual adoita ser a forma respiratoria da infección, caracterizada pola aparición de falsas membranas ou pseudomembradas, que se adhiren á mucosa respiratoria e á farinxe.

A difteria é unha enfermidade mortal entre o 5% e 10% das veces. En rapaces de menos de cinco anos e en adultos de máis de 40 anos, o índice de mortalidade pode chegar a alcanzar o 20%. Porén, é improbable a aparición dalgún caso de difteria na poboación occidental, aparecendo casos unicamente en países africanos, onde non teñen acceso á vacina DTPa.

Etioloxía A causa da difteria é o bacilo grampositivo Corynebacterium diphtheriae. Trátase dun axente inmóbil, non encapsulado, que ten un aspecto de pau ou bastón, e adoitan agruparse en formacións coñecidas coma letras chinesas. Dentro desta especie existen diferentes cepas, algunhas delas con alto poder toxixénico, isto é, capacidade de fabricar toxinas con acción nociva.

Epidemioloxía miniatura|Anos de vida perdidos a causa da doenza para a difteria por 100 ,000 habitantes en 2004.

miniatura|left|Casos de difteria declarados pola Organización Mundial da Saúde (OMS) entre 1997 e 2006:

A difteria pódese transmitir a outros individuos ben por contacto directo por esbirros, gorxa, pel, ollos ou calquera outro tipo de secreción das persoas infectadas.

O período de incubación da doenza é de aproximadamente 5 días, aínda que os síntomas poden comezar máis tarde. Porén, dende que existe vacina contra a difteria, a cal está presente no calendario vacinal galego do Servizo Galego de Saúde, é extremadamente pouco habitual atopar casos de difteria alén da inmigración.

Síntomas

Diagnóstico

Tratamento

Notas

Véxase tamén Outros artigos Calendario de vacinación infantil Ligazóns externas

Categoría:Doenzas infecciosas