Apio Claudio Caudex (en latín, App. Claudius C. p. App. n. Caudex) foi un patricio romano membro da gens Claudia. A denominación de "Caudex", provén da súa atención aos asuntos navais.Smith (1867), p. 769 Era fillo de Caio Claudio Craso (quen fora ditador no 337), e irmán de Apio Claudio Cego.Smith (1867), p. 766 Serviu como cónsul no 264 a.C.Lindsay (1995), p. 58Broughton (1951), p. 202

Traxectoria No ano do seu consulado, conduciu a Roma a un conflito con Cartago sobre a posesión de Sicilia. No 265 a.C, Hierón II de Siracusa atacou Messana (actual Messina) nunha tentativa para capturala dos mamertíns, mercenarios de Campania que se fixeran con ela algúns anos antes. Os mamertíns aliáronse cunha frota cartaxinesa próxima e expulsaron os de Siracusa, mais ao non marchar os cartaxineses, o marmetíns apelaron a Roma no 264 a.C.

Algúns senadores eran contrarios a darlles axuda, pero Apio Claudio conseguiu persuadir os cidadáns para darlles axuda. Púxose á fronte dunha forza que se dirixiu a Messina, e ao chegar os marmetíns convenceran os cartaxineses para se retiraren, ofrecendo tan só unha resistencia simbólica. Os marmetíns entón entregaron a cidade aos romanos pero os cartaxineses volveron e puxeron sitio á cidade. Mentres, o exército de Siracusa tamén se situou  fóra da cidade. Claudio intentou enviarlles embaixadores tanto os cartaxineses como os siracusanos pero non logrou resposta polo que enviou as súas tropas fóra da cidade, derrotando os siracusanos en batalla mentres Hierón volvía a Siracusa. Ao día seguinte Claudio tamén derrotou os cartaxinenses. Tras estas vitorias Apio puxo asedio a Segesta mais logo de perder moitas tropas regresou a Messana.Diodorus Siculus, Biblioteca Historica, 23.3

Esta disputa foi unha das causas inmediatas da Primeira guerra púnica.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Lista de cónsules romanos na República

Categoría:Cónsules da República romana