Pilar Cibreiro Santalla, nada en 1952 en Vilaboa (Valdoviño), é unha escritora galega.

Traxectoria Pasou a súa mocidade en Madrid, onde comezou a súa andaina como escritora, facendo algunha escapada a Londres e Barcelona. En 1998 retornou á súa terra.

Algúns dos seus contos forman parte de antoloxías seleccionadas para o estudo do español, coma Días de lluvia no Reino Unido e Santalla el escapado en Alemaña.

O seu conto “Días de lluvia” foi escollido por Ángeles Encinar para formar parte da súa antoloxía Cuentos de este siglo (Lumen, 1995).

Un dos seus poemas foi seleccionado por Ramón Buenaventura para a súa antoloxía Las diosas blancas. Antología de la joven poesía española escrita por mujeres (Hiperión, 1985, 2ª ed. no 86) con tradución francesa: Les Déesses Blanches (Noël Blandin, 1989). Outro poema, este en galego, “A miña lingua”, forma parte do traballo Pensando nelas."Poetas y poemas del CD Pensando nelas" blog"A miña lingua" blog

Obra Prosa en lingua castelá El cinturón traído de Cuba 1985, Alfaguara. Arte de acecho 1990, Alfaguara. El dueño del trigo 2005, Random hause-Mondadori.

Poesía en lingua galega O vasalo da armadura de prata 1987, Sotelo Blanco Edicións. Feitura do lume 1995, Sotelo Blanco Edicións.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas "El triunfo madrileño de una gallega ignorada en su tierra" La Voz de Galicia, 9/5/2005. "Idas y revueltas" El País, 19/3/2005. "El cinturón traído de Cuba" ABC, 22/6/85.

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Valdoviño Categoría:Nados en 1952 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes