Arnoglossus thori é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos bótidos, coñecida en galego como rapapelos, rapapelos punteado ou rascón de Thor.Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8, p. 79.
Taxonomía A especie foi descrita por primeira vez en 1913 polo naturalista Kyle.Arnoglossus thori Kyle, 1913 no WoRMS.
Ademais de seu nome orixinario, e actualmente válido, ao longo da historia foi coñecido polos seguintes sinónimos: Arnoglossus moltoni Torchio, 1961 Arnoglossus moltonii Torchio, 1961 Kyleia thori (Kyle, 1913) Pleuronectes grohmanni Bonaparte, 1837
Características As principais características morfolóxicas desta especie son:Rodríguez Villanueva, X. L.; Xavier Vázquez e Henrique Álvarez Escudero (1995): Peixes do mar de Galicia (III). Peixes óseos (continuación). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-870-2, pp. 296-297.Froese, R. & D. Pauly, editors (2015): Arnoglossus laterna (Walbaum, 1792) en FishBase.
Corpo ovalado, moi deprimido, de até os 18 cm de lonxitude como máximo, aínda que os que de poden ver nos mercados roldan os 12 cm. Ollos pequenos, situados no lado esquerdo da cabeza, separados por unha crista ósea nos individuos xuvenís, pero que se fai cóncava e estreita nos adultos. O ollo inferior está un pouco adiantado con respecto ao superior. Boca armada con dentes pequenos, subiguais. Liña lateral cunha marcada curva sobre a aleta pectoral. Aleta dorsal con de 81 a 93 raios (brandos), e a anal con de 57 a 69 raios (igualmente brandos). O segundo raio da aleta dorsal é moi alongado, cunha membrana ampla de cor escura, con flocos. Os primeiros 3 ou 4 raios da aleta aleta dorsal xeralmente negros nos adultos, pero só o segundo raio, o alongado, é escuro nos espécimes inmaturos. O pedúnculo caudal é case inexistente, e a aleta caudal é arredondada. Coloración, no lado pigmentado, gris cinza apardazada, con máis ou menos puntos escuros; xeralmente presenta unha mancha escura ao final da curvatura da liñá lateral, e outra ao final da parte recta; normalmente, ten unha serie de puntos escuros ao longo da base da aleta caudal.
Hábitat e distribución Hábitat É unha especie mariña, bentónica, demersal, que vive a profundidades superiores aos 100 m, sobre fondos areosos e lamacentos da plataforma continental.
Distribución Distribúese polas costas do Atlántico oriental entre os 43° N e os 6° N, e entre os 26° W e os 42° E, desde Irlanda até Serra Leoa e as illas do Cabo Verde, e tamén habita no mar Mediterráneo até o mar Negro.
Bioloxía Nutrición Aliméntase de pequenos peixes e invertebrados bentónicos.
Reprodución Reprodúcese durante os meses de abril a xullo.
Pesca O rapapelos estreito é un peixe comestíbel, pescándose activamente nas zonas onde vive.
Galicia O primeiro rexistro desta especie en Galicia fíxoo De Buen en 1935, no seu traballo "Fauna ictiológica. Catálogo de los peces ibéricos de la planicie continental, aguas dulces, pelágicos y de los abismos próximos, I parte", Not. y Res. Inst. Esp. Ocean. 82: 89-148, no que o cita como Kyleia thori. Posteriormente foi rexistrado en 1991 por E. González Gurriarán, L. Ferrnández, J. Freire, R. Muiño e M. Rodríguez Solórzano en "Estructura de la comunidad megabentónica (crustáceos decápodos -Brachyura-y peces demersales) de la Ría de Ferrol (NW de España)!, Bol. Inst. Esp. Ocean. 7 (2): 89-100.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Aldebert, Y.; M. Desoutter & J.-C. Quéro (1990): "Bothidae". En J. C. Quéro, J. C. Hureau, C. Karrer, A. Post & L. Saldanha, eds. Check-list of the fishes of the eastern tropical Atlantic (CLOFETA). JNICT, Lisboa; SEI, París; e UNESCO, París. Vol. 2. pp. 1027-1036. Fenner, Robert M. (2001): The Conscientious Marine Aquarist. Neptune City, New Jersey, USA: T.F.H. Publications. Moyle, P. & J. Cech (2000): Fishes: An Introduction to Ichthyology, 4ª edición, Upper Saddle River, New Jersey, USA: Prentice-Hall. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
Outros artigos Pleuronectiformes Bótidos Arnoglossus
Ligazóns externas Arnoglossus thorien Encyclopedia of Life
Categoría:Pleuronectiformes Categoría:Peixes de Galicia Categoría:Animais descritos en 1913