O Mount Panorama é un autódromo de carreiras situado na vila de Bathrust en Nova Gales do Sur, Australia. Conta cunha lonxitude de 6.213 metros. O circuíto ten dúas longas rectas e dúas curvas de 90°, ademais da gran sucesión de curvas con forma de "S". Tamén combina un gran desnivel entre a zona máis alta e o punto máis baixo.
Mount Panorama é un autódromo apto para carreiras de motos, turismos, grandes turismos e monoplazas. Por iso no pasado, o circuíto albergou o Gran Premio de Australia de motociclismo e da Fórmula 1. Actualmente, aquí dispútanse a Bathrust 1000 pertencente ao campionato dos V8 Supercars e as 12 Horas de Bathrust, que é unha famosa carreira de resistencia.
Véxase tamén Outros artigos Bathrust 1000
Ligazóns externas Web do circuíto
Categoría:Circuítos de carreiras de Australia