miniatura|250px|Atheresthes evermanni. Atheresthes é un xénero de peixes teleósteos da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos, familia dos pleuronéctidos e subfamilia dos pleuronectinos.Atheresthes Jordan & Gilbert, 1880 no WoRMS. que comprende dúas especies propias do Pacífico norte, ambas de interese comercial.Especies de Atheresthes en FishBase.

Taxonomía O xénero foi descrito, segundo o WoRMS e a FishBase, en 1880 polos ictiólogos norteamericanos David Starr Jordan e Charles Henry Gilbert.

Porén, o SIIT considera inválido o nome Atheristhes, admitíndoo como sinónimo de Reinhardtius, definido por Guill en 1861.Reinhardtius Gill, 1861 no SIIT.

Etimoloxía O nome Atheresthes deriva, seguindo algún etimoloxistas, dos nomes do grego antigo ἀθήρα athḗra, "espigón", "papila", e Ἀστυάναξ Astyánax "Astíanax", heroe da mitoloxía grega, fillo de Heitor e Andrómaca e neto de Príamo, rei de Troia; este nome significa "o protector da cidade", de ἄστυ asty ("cidade") e ἄναξ ánax ("dono").Romero, P. (2002): An etymological dictionary of taxonomy. Madrid, (non publicado).

Especies As únicas dúas especies recoñecidas hoxe en día no xénero son: Atheresthes evermanni Jordan & Starks, 1904 - a palmeta xaponesa.Lahuerta e Vázquez (2000), p. 81. Atheresthes stomias (Jordan & Gilbert, 1880) - a palmeta do Pacífico.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7. van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N. & Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al., eds. European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50: 357-374. ISBN 2-85653-538-0.

Outros artigos Pleuronectiformes Pleuronéctidos

Ligazóns externas Atheresthes no NCBI. Atheresthes en Catalog of Fishes. Para ver a discusión sistemática .

Categoría:Pleuronectiformes