A basílica de San Vidal de RávenaBoullón Agrelo, Ana Isabel (coord.): Guía de nomes galegos A Coruña: Real Academia Galega. (en ) é un dos templos máis importantes da arte bizantina que, coma outras da cidade de Rávena, foi reformada por desexo expreso do emperador Xustiniano I a partir de construcións anteriores a fin de acelerar a integración dos territorios conquistados ó imperio Bizantino.

A obra financiouse cos cartos do banqueiro Xuliano Arxentario (Iulianus Argentarius), de quen se sabe pouca cousa: era de orixe grega e tamén patrocinou a construción da basílica de Santo Apolinar in Classe. Foi supervisada polo arcebispo da cidade, Maximiano de Rávena, quen a consagrou no ano 547. Todos estes personaxes aparecen na decoración de mosaicos que se fixo entre os anos 546 e 548, ano da morte da emperadriz Teodora. Estes mosaicos son un bo exemplo das artes figurativas bizantinas e dan unha idea de como puideron ser construídas estas obras durante a querela iconoclasta dos séculos VII e VIII e a caída de Bizancio en mans dos turcos otománs: en San Vidal as obras preserváronse, en primeiro lugar, porque Rávena posiciounouse en contra dos iconoclastas e, en segundo lugar, porque a cidade xa non era bizantina durante a invasión turca. Por estas razóns, as imaxes salváronse de ámbalas dúas catástrofes artísticas.

No ano 1960, a igrexa de San Vidal recibiu o título de basílica menor polo papa Xoán XXIII. Está incluída, xunto con outros monumentos de Rávena, na lista de Patrimonio da Humanidade da UNESCO dende o ano 1996, dentro da serie "Monumentos paleocristiáns de Rávena".

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Banca Dati Mosaico CIDM

Categoría:Basílicas Categoría:Provincia de Rávena Categoría:Patrimonio da Humanidade en Italia Categoría:Arquitectura do século VI