Héctor Cajaraville Araújo, nado en Santiago de Compostela o 5 de outubro de 1974, é un xornalista, profesor e escritor galego.

Traxectoria Licenciado en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela (1996), desenvolveu a súa actividade profesional como responsable de prensa da Asociación Galega de Cooperativas Agrarias, a Universidade de Santiago de Compostela (campus de Lugo) e o Concello de Santiago, así como nos diarios galegos La Voz de Galicia ou De Luns a Venres.

Nos anos académicos 2009/2010 e 2010/2011, respectivamente, cursou os másters en Lingüística Galega e Edición da Universidade de Santiago de Compostela e reorientou a súa actividade cara ao ámbito editorial.

É profesor de secundaria na materia de Lingua e Literatura Galega.

Obra miniatura|Presentación de Héctor Cajaraville do libro Denébola a Roxa na feira do libro da Coruña en 2017.

Narrativa O Palabrego (2012). Xonix Records. ISBN 978-84-940226-1-6. Unha recompilación de termos, conceptos e expresións a medio camiño entre a realidade e a invención. De remate (2015). Vigo: Xerais. ISBN 978-84-9914-931-8. ePub: ISBN 978-84-9914-921-9. Once portas (2017). Vigo: Xerais. ISBN 978-84-9121-179-2 (4ª). ePub: ISBN 978-84-9121-161-7. Nova Nursia (2018). Vigo: Xerais. ISBN 978-84-9121-379-6). ePub: ISBN 978-84-9121-379-6. Sobre Rosendo Salvado en Australia.

Infanto-xuvenil Quen dá a quenda? (2016). Vigo: Xerais. ISBN 978-84-9914-997-4. Ilustracións de Ignacio Hernández. Denébola a Roxa (2016). Baía Edicións. ISBN 978-84-9995-210-9. Ilustracións de Ana Pedreira. A caixiña dos rancores (2016). Vigo: Xerais. ISBN 978-84-9121-127-3 (6ª). ePub: ISBN 978-84-9121-131-0. Traducido ao inglés baixo o título The Box Of Resentments (Small Stations Press, 2021; ISBN 978-95-4384-126-4. O segredo da casa de Formoso (2017). Santillana-Obradoiro Oqueleo. ISBN 978-84-204-1136-1. Kusuma ( 2018). Vigo: Xerais. ISBN 978-84-9121-410-6 (4ª). ePub: ISBN 978-84-9121-442-7. Ilustracións de María Sánchez Lires. Os metrosiderais (2021). Santillana-Obradoiro Oqueleo. ISBN 978-84-16834-30-3. Xestas olímpicas. Escolma de relatos heroicos no mundo do deporte (2022). Vigo: Xerais. ISBN 978-84-1110-124-0. ePub: ISBN 978-84-1110-124-0. Ilustracións de Antonio Seijas. Moita froita (2023). Vigo: Xerais. ISBN 978-84-1110-307-7. ePub: ISBN 978-84-1110-314-5. Aurora Austral (2024). Baía Edicións. ISBN 978-84-9995-456-1.

Biografías

Antonio Fraguas: o bo mestre, o mestre bo (2019). Vigo: Xerais. ISBN 978-84-9121-462-5. Ricardo Carvalho Calero: a pegada do compromiso (2020). Vigo: Xerais. ISBN 978-84-9121-632-2. ePub: ISBN 978-84-9121-628-5. Florencio Delgado Gurriarán: polos vieiros da saudade (2022). Vigo: Xerais. ISBN 978-84-11100-45-8. ePub: ISBN 978-84-1110-053-3. Francisco Fernández del Riego: o legado silandeiro (2022). Vigo: Xerais. ISBN 978-84-1110-229-2. ePub: ISBN 978-84-1110-230-8.

miniatura|Entrevista a Héctor Cajaraville en 2017.

Poesía Cordura transitoria (2022). Boiro: Thíasos (EDLG do IES Espiñeira). Col. Inesgotábeis. Edición non venal.

Traballos académicos, dicionarios e libros de texto «A manipulación das expresións fixas na prensa gratuíta: De Luns a Venres» (2010). En Cadernos de fraseoloxía galega, 12. Centro de Investigacións Ramón Piñeiro / Xunta de Galicia. , pp. 41–68. Traballo dirixido por María Álvarez de la Granja. «Ondas e mareas: palabras que van e veñen» (2011). En Cadernos de Lingua, 32. Real Academia Galega. , pp. 81–136. Traballo dirixido por Francisco Fernández Rei. Dicionario Xerais de Secundaria e Bacharelato (2014). Vigo: Xerais. ISBN 978-84-9914-734-5. Volume coordinado por Xosé Cid Cabido. Os xogos de palabras na prensa gratuíta en galego: De Luns a Venres (2015). Instituto da Lingua Galega - Universidade de Santiago de Compostela. Colección «Limiar», nº 2. ISBN 978-84-16-18389-0. Colección dirixida por Ernesto González Seoane. «Os primeiros artigos xornalísticos de Carlos Casares (La Región, 1968-1974)» (2017). En Cadernos Ramón Piñeiro XXXVII. Carlos Casares: homenaxe. De amicitia. ISBN 978-84-453-5258-8, pp. 63-80. Volume coordinado por Luís Cochón, Luís Alonso Girgado e Laura Piñeiro Pais. Lingua e literatura. 1º de Bacharelato (2022). Vigo: Xerais. ISBN 978-84-9121-871-5. Lingua e literatura. 2º de Bacharelato (2023). Vigo: Xerais. ISBN 978-84-1110-205-6. Os nomes da terra, os nomes da xente. Estudo sobre os apelidos do alumnado do CPI A Picota e a súa vinculación coa toponimia do concello de Mazaricos e mais a súa bisbarra (2024). CPI A Picota (Mazaricos).

Obras colectivas XIII certame literario de narrativa e poesía do Concello de Ames (2017). Concello de Ames. D.L. C 546-2017. Longas sombras na pedra (2019). Urco Editora. ISBN 978-84-949456-8-7. Cos pés no aire (2021). Deputación da Coruña, D.L. C 1849-2021. Homenaxe a Agustín Fernández Paz. Fisterra. Relato curto en Galicia (2021). Ediciones Linteo. ISBN 978-84-123801-4-9. XXI certame literario de narrativa e poesía do Concello de Ames (2025). Concello de Ames. D.L. C 552-2025.

Edición Lois Pereiro. Cadernos persoais (2021). Santiago: Chan da Pólvora. ISBN 978-84-122221-8-0.

Tradución O gardián invisible, de Dolores Redondo (2012). Vigo: Xerais. ISBN 978-84-9914-479-5.

Premios Premio Xerais 2015 por (Edicións Xerais de Galicia) De remate. Finalista do Premio Merlín de Literatura Infantil 2015 (Edicións Xerais de Galicia) por Quen dá a quenda? Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil 2015 (Deputación da Coruña) por Vidas cruzadas (publicada finalmente baixo o título A caixiña dos rancores). Premio Ánxel Fole de Narrativa Curta 2016 (Concello de Lugo) por Once portas. Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil 2016 (Baía Edicións) por Denébola a Roxa. 3º Premio no Certame Literario do Concello de Ames 2016 (modalidade de narrativa) por Non hai máis que unha. Finalista do Premio Agustín Fernández Paz 2017 (Instituto de Estudos Chairegos / Concello de Vilalba) por Kusuma. 2º Premio no Concurso de Microrrelatos da RAG e Puntogal 2017 por O milagre. Premio Merlín de Literatura Infantil 2018 (Edicións Xerais de Galicia), por Kusuma.. Premio Antón Losada Diéguez de Creación Literaria 2019 (Concellos do Carballiño e Boborás / Deputación de Ourense) por Nova Nursia. Finalista do Premio María Victoria Moreno 2020 (Cuarto de Inverno) pol'Os metrosiderais. Finalista do Premio Agustín Fernández Paz 2020 (Instituto de Estudos Chairegos / Concello de Vilalba) pol'Os metrosiderais. Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil 2024 (Baía Edicións) por Aurora austral. 2º Premio no Certame Literario do Concello de Ames 2024 (modalidade de narrativa) por As mazás do tío Serafín. Premio Manuel Murguía de Narracións Breves do Concello de Arteixo 2025 por A expedición Reynolds e a tribo dos tul’ati.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina persoal de Héctor Cajaraville Ficha do autor na páxina web da AELG Ficha do autor na páxina web de Xerais Entrevista de Montse Dopico en Praza Pública.

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Gañadores do Premio Xerais Categoría:Gañadores do Premio Merlín Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1974 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores de educación secundaria