Stefania Sandrelli, nada en Viareggio (Provincia de Lucca) o 5 de xuño de 1946, é unha actriz italiana.
Traxectoria Sandrelli naceu na Toscana nunha familia de clase media, filla de Florida e Otello Sandrelli (que morreu cando ela tiña oito anos), propietarios dunha coñecida pensión en Viareggio. Tivo un irmán, Sergio, sete anos máis vello, que fixo unha carreira musical de éxito e finou en 2013. Cando era moza Stefania achegouse á música, aprendendo a tocar o acordeón e estudando ballet.
En 1960 gañou o concurso de beleza Miss Cinema Viareggio e apareceu na portada da revista Le Ore. Logrou entón as súas primeiras oportunidades no cinema, aparecendo, entre outros, en Il federale, de Luciano Salce. A súa carreira despuntou con Divorcio á italiana (1961), de Pietro Germi, co que logo traballou outras tres veces, en Seddota e abbandonata (1963), L'immorale (1967) e Alfredo, Alfredo (1970).
Sandrelli converteuse en pouco tempo nunha estrela da commedia all'italiana, aparecendo en filmes de Mario Monicelli, Ettore Scola ou Bernardo Bertolucci. Traballou tamén en producións francesas.
En 1983 relanzou a súa carreira co filme erótico A chave secreta de Tinto Brass. Tralo éxito interpretou unha serie de filmes eróticos de éxito
En 2005 recibiu o León de Ouro á súa carreira no Festival de Venecia e en 2012 o título de Cabaleiro da Ordre des Arts et des Lettres.
Filmografía
Gioventù di notte (1961) Il federale (1961) Divorcio á italiana (1961) Il Fornaretto di Venezia (1963) La bella di Lodi (1963) Sedotta e abbandonata (1964) Io la conoscevo bene (1965) Tendre Voyou (1966) L'immorale (1967) L'amante di Gramigna (1969) Brancaleone alle Crociate (1970) Il conformista (1970) Il diavolo nel cervello (1972) Delitto d'amore (1974) C'eravamo tanto amati (1974) Novecento (1976) Les magiciens (1976) Quelle strane occasioni (1976) Police Python 357 (1976) L'Ingorgo : Una storia impossibile (1979) Dove vai in vacanza? (1979) La terrazza (1980) Desideria: la vita interiore (1980) Bello mio, bellezza mia (1981) La disubbidienza (1981) Eccezzziunale... veramente (1982) Vacanze di Natale (1983) A chave secreta (1983) Segreti segreti (1984) Mamma Ebe (1985) D'Annunzio (1985) La sposa americana (1986) Speriamo che sia femmina (1987) La familia (1987) Gli occhiali d'oro (1987) Noyade interdite (1987) Mignon è partita (1988) Lo zio indegno (1988) Stradivari (1988) Il piccolo diavolo (1989) Il male oscuro (1990) The African Woman (1990) Tracce di vita amorosa (1990) Jamón, jamón (1992) Of Love and Shadows (1994) Con gli occhi chiusi (1994) Palermo - Milan One Way (1995) Stealing Beauty (1996) Ninfa Plebea (1996) La cena (1998) Matrimoni (1998) L'ultimo bacio (2001) Um Filme Falado (2003) Gente di Roma (2003) La vita come viene (2003) La prima cosa bella (2010) La passione (2010)
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Ezio Alberione, Gianni Canova, Francesco Miuccio, Stefania Sandrelli, Papageno, 1998 Ligazóns externas
Categoría:Actores de cinema de Italia Categoría:Nados na provincia de Lucca Categoría:Nados en 1946