Aaron Chwatt, nado en Nova York o 5 de febreiro de 1919 e finado nos Ánxeles o 13 de xullo de 2006, foi un actor estadounidense coñecido como Red Buttons.
Traxectoria Buttons naceu co nome de Aaron Chwatt en Nova York, fillo dos inmigrantes xudeus Sophie Baker e Michael Chwatt.http://www.filmreference.com/film/55/Red-Buttons.html Aos dezaseis anos conseguiu un traballo como mozo de hotel en Ryan's Tavern en City Island, Bronx. A combinación do seu pelo roibo e os grandes e brillantes botóns do seu uniforme inspiraron ao xefe da orquestra Charles "Dinty" Moore a chamalo "Red Buttons" ("botóns vermellos"), nome que máis tarde actuou. Ese ano chegou a substituír o mestre de cerimonias cando traballaba no Irvington Hotel de South Fallsburg, Nova York.
En 1939 comezou a actuar en Minsky's Burlesque e en 1941 José Ferrer escolleuno para actuar no seu espectáculo de Broadway The Admiral Had a Wife, unha farsa ambientada en Pearl Harbor. Tiña previsto a súa estrea o 8 de decembro dese ano, máis nunca se estreou a causa do ataque xaponés. Anos despois, Buttons fixo unha chanza dicindo que os xaponeses só atacaron Pearl Harbor para mantelo apartado de Broadway.
Finalmente o debut de Buttons en Broadway chegou en setembro de 1942 en Vickie con Ferrer e Uta Hagen. A finais dese ano apareceu no espectáculo de Misky Wine, Women and Song, que foi o último espectáculo de burlesque clásico na historia de Nova York, cando a administración do alcalde La Guardia o pechou. Buttons estaba no escenario cando o espectáculo foi asaltado.
Recrutado polas Forzas Aéreas, apareceu en 1943 no espectáculo Winged Victory, xunto con outras futuras estrelas coma Mario Lanza, John Forsythe, Karl Malden e Lee J. Cobb. O ano seguinte apareceu na versión cinematográfica da obra, dirixida por George Cukor. Buttons tamén entretivo as tropas en Europa con Mickey Rooney.
Trala guerra seguiu en Broadway e en 1952 recibiu o seu propio programa de televisión, The Red Buttons Show, que durou tres anos con grande éxito.
En 1957 estreou o filme Sayonara que supuxo un cambio dramático en relación cos seus traballos previos. No filme interpretaba a Joe Kelly, piloto estadounidense establecido en Kobe durante a Guerra de Corea e que casa con Katsumi, unha muller xaponesa interpretad por Miyoshi Umeki, que non lle permiten levar de volta ao seu país. Buttons e Umeki gañaron o Oscar nas súas categoría.
Tralo premio, Buttons seguiu aparecendo en numerosos filmes, como Hatari!, The Longest Day ou They Shoot Horses, Don't They? e en 1966 volveu protagonizar a súa propia serie en televisión, a comedia de espías The Double Life of Henry Phyfe.
Faleceu en 2006 por complicacións da arteriosclerose.
Filmografía Ano Título Personaxe Notas1947Winged VictoryWhitey/Andrews Sistercomo Cpl. Red Buttons194713 Rue MadeleineSecond Jump Mastersen acreditar1951Footlight VarietiesEl mesmo1957SayonaraAirman Joe Kelly1958Imitation GeneralCpl. Chan Derby1959The Big CircusRandy Sherman1961One, Two, ThreeMP sergeantsen acreditar1962Hatari!Pockets1962Five Weeks in a BalloonDonald O'Shay1962The Longest DayJohn Steele1962Gay Purr-eeRobespierrevoz1963A Ticklish AffairUncle Cy1964Your Cheatin' HeartShorty Younger1965Up from the BeachPfc. Harry Devine1965HarlowArthur Landau1966StagecoachPeacock1969The MoviemakersEl mesmocurtametraxe1969They Shoot Horses, Don't They?Sailor1971Who Killed Mary What's 'Er Name?Mickey1972A aventura do PoseidónJames Martin1975The New Original Wonder Woman (pilot)Ashley Norman1976Gable and LombardIvan Cooper1977Viva Knievel!Ben Andrews1977Pete's DragonHoagy1978Movie MoviePeanuts/Jinks Murphy1978The UsersWarren AmbroseTelefilme1979C.H.O.M.P.S.Bracken1979Rudolph and Frosty's Christmas in JulyVoz de Milton1980When Time Ran OutFrancis Fendly1985Reunion at FairbroroughJiggs Quealy1985Alice in WonderlandCoello branco198818 Again!Charlie1990Ambulancia, desaparecido na cidadeElias Zacharai1994It Could Happen to YouWalter Zakuto1999The Story of UsArnie Jordan2000AMC Backstory - The Longest DayEl mesmodocumental2001Odessa or BustThe Old Mancurtametraxe2004Goodnight, We Love Youdocumental2005Sid Bernstein Presents...El mesmodocumental
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Nova York Categoría:Nados en 1919 Categoría:Finados en 2006