Silverio Rivas Alonso, nado en Ponteareas o 24 de novembro de 1942, é un escultor galego con obradoiro en San Xoán de Paramos (Tui)."Rivas Alonso, Silverio" en Dicionario biográfico de Galicia (2010-2011), t. 3, p. 172, Ir Indo.
Traxectoria Comezou a traballar no taller de ebanistería do pai aos doce anos.: "Rivas Alonso, Silverio" en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada. Formouse na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo cos mestres Carlos Sobrino Buhigas, Luís Torras e Camilo Nogueira Martínez; no taller de fundición de Xoán Piñeiro Nogueira; en Madrid, onde ingresou na Escola de Artes e Oficios da rúa da Palma e asistiu ás clases nocturnas do Círculo de Belas Artes, e en Sargadelos, o que o levou a innovar con conxuntos articulados e desmontables de cerámica.: Cerámicas articuladas de Silverio Rivas, Do Castro, 1977, ISBN 84-85134-30-3. Traballou en París. Formou parte do movemento Atlántica desde 1980."Rivas Alonso, Silverio" en Diccionario enciclopédico galego universal, t. 53, p. 47.
Pioneiro da abstracción escultórica en Galicia e cun traballo que despuntou nos anos setenta. Domina un construtivismo orgánico que sempre ten en conta o xogo das formas e o espazo intrínseco e cambiable. Traballa con materiais diversos: granito, bronce, ferro, aceiro, chumbo, mármore, madeira, barro, fibra de poliéster, gres...Silveriorivas.com"Rivas Alonso, Silverio" en Diciopedia do século 21, t.3, p. 1818, 2006. miniatura|175px|Capela Solis.
Obras Rivas, presente no Museo Municipal Quiñones de León de Vigo, a Colección AfundaciónRivas na Colección Afundación e na Colección Abanca e no Museo de Belas Artes da Coruña,Colecciones en Red (CERES), Ministerio de Educación, Cultura y Deporte ten obra en espazos públicos en varias vilas de Galicia: Homenaxe a de Chirico, na Facultade das Ciencias Económicas e Empresariais da USC. Proa ao mar (1982), no CEIP de Olveira de Ribeira."La obra «Proa ao mar» volverá a brillar" La Voz de Galicia, 22/3/2014 . Carballo xunto (1984). Proa anciño (1991). Porta do Atlántico (1992), na praza de América das Travesas, na cidade de Vigo. Ara solis (1994), ao carón da Torre de Hércules da Coruña. Capela solis (1997), no Porto de Marín. Dolmen Novo Milenio (1999), no Parque da Música de Santiago de Compostela. Ás vítimas da represión (2000), na Alameda de Tui. Horizonte para o sol (2002), no campus das Lagoas-Marcosende da Universidade de Vigo. Oliveira do novo milenio (2010), na Praza do Bicentenario de Vigo."A oliveira do novo milenio" Faro de Vigo, 28/10/2010. En 2012 participou, coa peza Barca solar, na exposición Gallaecia Petrea, na Cidade da Cultura de Galicia.
Recoñecemento En 1992 recibiu o Premio da Crítica Galicia de Ciencias e Artes da Representación e en 2015 o Premio Laxeiro."Silverio Rivas recibe el Premio Laxeiro 2015" La Voz de Galicia, 20/2/2015 .
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Pintores e Escultores Galegos na EXPO '92. Xunta de Galicia. "Rivas Alonso, Silverio" en Enciclopedia Galega Universal. Galicia, Arte, Tomo XVI: Arte Contemporánea (I), Hércules de Ediciones.
Outros artigos Gallaecia Petrea
Ligazóns externas Silveriorivas.com Bibliografía sobre Silverio Rivas Pintoresgallegos.com
Categoría:Escultores de Galicia Categoría:Nados en Ponteareas Categoría:Nados en 1942