miniatura|250px|Bothuos podas sobre un fondo de area. Bothus podas é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos bótidos,Bothus podas (Delaroche, 1809) no WoRMS. coñecida en galego como rapapelos de ollos grandes ou rascón de ollos grandes.Lahuerta e Vázquez (2000), p. 79.
Taxonomía A especie foi descrita en 1809 polo médico e naturalista suízo François-Étienne de La Roche, ou Delaroche, co nome de Pleuronectes podas.
Sinónimos Ao longo da historia, foi coñecida, entre outros, ademais de polo seu nome válido actualmente,polos sinónimos:
Bothus africanus Nielsen, 1961 Bothus diaphanus Rafinesque, 1814 Bothus podas africanus Nielsen, 1961 Bothus podas maderiensis (Lowe, 1834) Bothus podas podas (Delaroche, 1809) Peloria heckelii Cocco, 1844 Platophrys podas (Delaroche, 1809) Pleuronectes podas Delaroche, 1809 Rhomboidichthys podas (Delaroche, 1809) Rhombus gesneri Risso, 1827 Rhombus heterophthalmus Bennett, 1831 Rhombus maderensis Lowe, 1834 Rhombus serratus Valenciennes, 1839 Solea rhomboide Rafinesque, 1810
Subespecies Segundo o SIIT, recoñécense dúas subespecies,Bothus podas no SIIT. aínda que a maioría dos autores consideran estas como sinónimos da especie Bothus podas maderensis (Lowe, 1834) Bothus podas podas (Delaroche, 1809)
Características As principais características morfolóxicas desta especies son:Bothus podas (Delaroche, 1809) en FishBase.Bothus podas en DORIS.
miniatura|250px|Parte anterior do corpo de B. podas. Obsérvesense os ollos e a coloración críptica. miniatura|250px|Coloración críptica de B. podas sobre un fondo pedregoso.
Corpo ovalado, deprimido, sinistro (cos dous ollos no lado esquerdo), de até 45 cm de lonxitude máxima,Ly, B., M. Diop et M. Girardin (1996): Guide et nomenclature nationale commerciale des especes marines (poissons, crustaces et mollusques) pechees en Mauritanie. Nouakchot: Centre National de Recherches Oceanographiques et des Peches, Ministere des Peches et de l'Economie Maritime. aínda que o tamaño medio dos espécimes capturados rolda os 13 cm.Bauchot, M.-L. (1987): "Poissons osseux". En: W. Fischer, M.L. Bauchot and M. Schneider, eds. Fiches FAO d'identification pour les besoins de la pêche. (rev. 1). Méditerranée et mer Noire. Zone de pêche 37. Vol. II. Roma: Commission des Communautés Européennes and FAO, pp. 891-1421. O peso máximo rexistrado foi de 700 g. Os ollos dos machos son redondos, e están moi separados entre si (máis que nas femias), estando o superior máis adiantado que o inferior. Aleta dorsal con de 85 a 95 raios; e a anal con de 63 a 73. A aleta doiral, que nace á altura do ollo superior, esténdese por todo o costado do peixe até a aleta cudal. A aleta pectoral do ladoi cego é maí curta cá do lado pigmentado (ocular). As escamas no lado ocular son ctenoides (rugoas), mentres que no lado cego son cicloides (lisas). A coloración do lado cego e sempree branca ou abrancazada, mentres que a do lado ocular ou pigmentado varía en función do medio en que se acha, mimetiuzándose co solo atñe aparecer como invisíbel. Diferenzas intraespecíficas A especie presenta dimorfismo sexual: ademais da maior separacióin dos ollos nos machos, o perfil destes é máis alongado, mentres que o das femias é máis arredondado; outra diferenza é que os machos presentan unha pequena espiña no fociño. A subespecie da costa do Mediterráneo e de África, B. p. podas ten de 75 a 86 escamas na liña lateral, con de 13 a 20 escamas na parte curva desta; a subespecie de Madeira e das Canarias. B. p. maderensis, pola contra, ten de 88 a 91 escamas na liña lateral, das que de 20 a 21 están na parte curvada.
Hábitat e distribución É un peixe mariño, demersal, que vive en augas intertropicais, do Atlántico oriental e no Mediterráneo, en fondos de entre os 15 e os 400 m de profundidade,Sanches, J. G. (1991): Catálogo dos principais peixes marinhos da República de Guiné-Bissau. Publicações avulsas do I.N.I.P. No. 16. entre os 45° N e os 15° S, e entre os 26° W e os 36° E, e a súa área de distribución comprende as augas costeiras desde Portugal até Angola, incluíndo os arquipélagos de Madeira e das Canarias, e as do mar Mediterráneo.
Bioloxía A especie vive en augas pouco profundaa sobre fondos areosos e lamacentos da plataforma continental.Göthel, H. (1992): Fauna marina del Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega, S. A.Maigret, J. et B. Ly (1986): Les poissons de mer de Mauritanie. Science Nat., Compiègne.
Aliméntase de invertebrados e peixes bentónicos.
A reprodución ocorre entre os meses de maio e agosto.
Os individuos xuvenís adáptanse ben en acuarios, pero requiren suficientes zonas de fondos adecuados.
Pesca Bothus podas é unha especie comestíbel, e péscase nas zonas do Atlántico nordeste, centro-leste e sueste, e no mar Mediterráneo.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Aldebert, Y.; M. Desoutter and J.-C. Quéro (1990): "Bothidae". En J. C. Quéro, J. C. Hureau, C. Karrer, A. Post and L. Saldanha, eds. Check-list of the fishes of the eastern tropical Atlantic (CLOFETA). Vol. 2. pp. 1027–1036. JNICT, Lisboa; SEI, París; e UNESCO, París. Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 978-0-471-25031-7. van der Land, J.; Costello, M.J.; Zavodnik, D.; Santos, R.S.; Porteiro, F.M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W.N.; Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al., eds. European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. Collection Patrimoines Naturels, 50: pp. 357–374.
Outros artigos Pleuronectiformes Bótidos
Ligazóns externas Bothus podas en ADW. Bothus podas en DORIS. Ampla información, imaxes e mapas de distribución Bothus podas en INPN. Bothus podas no NCBI.
Categoría:Pleuronectiformes Categoría:Animais descritos en 1809 Categoría:Produtos da pesca