Stefan Heße, nado o 7 de agosto de 1966 en Colonia (Alemaña), é un eclesiástico católico latino, arcebispo metropolitano de Hamburgo dende 2015.
Traxectoria Foi ordenado sacerdote da arquidiocese de Colonia o 18 de xuño de 1993 polo arcebispo Joachim Meisner.
O 26 de xaneiro de 2015 o papa Francisco nomeouno arcebispo de Hamburgo. Recibiu a ordenación episcopal o 14 de marzo de 2015 de mans do bispo de Osnabrück Franz-Josef Hermann Bode.
Categoría:Nados en 1966 Categoría:Nados en Colonia Categoría:Bispos católicos de Alemaña Categoría:Bispos da Igrexa católica latina