A solla de pintas do XapónLahuerta e Vázquez (2000), p. 81. (Eopsetta grigorjewi) é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos, familia dos pleuronéctidos e subfamilia dos pleuronectinos.

Taxonomía O xénero foi descrito en 1890 polos zoólogo ruso Solomon Herzenstein, baixo o nome de Hippoglossus grigorjewi.Eopsetta grigorjewi (Herzenstein, 1890) no WoRMS.

Sinónimo Ademais de polo nome orixinario Hippoglossus grigorjewi Herzenstein, 1890, a especie foi coñecida polo sinónimo Verasper otakii Jordan & Snyder, 1900.

Descrición, hábitat, bioloxía e usos Ten a forma típica dos peixes planos, co corpo deprimido, ovalado, de até 60 cm de lonxitude.Novikov, N. P.; A. S. Sokolovsky, T. G. Sokolovskaya and Y. M. Yakovlev (2002): "The fishes of Primorye". Vladivostok: Far Eastern State Tech. Fish. Univ.

É un peixe mariño, demersal, que pode vivir a profundidades de entre os 60 e os 1.325 m en augas subtropicais, no noroeste do Pacífico, nas costas do Xapón, do mar do Xapón, do mar Amarelo e do mar da China Meridional, e nas da illa de Taiwán.Froese, Rainer and Pauly, Daniel, eds. (2006): Eopsetta grigorjewi en FishBase.

Vive na zona sublitoral, en fondos areosos ou lamacentos duns 200 m de profundidade.Yamada, U.; S. Shirai, T. Irie, M. Tokimura, S. Deng, Y. Zheng, C. Li, Y. U. Kim and Y. S. Kim (1995): Names and illustrations of fishes from the East China Sea and the Yellow Sea. Tokyo, Japan Overseas Fishery Cooperation Foundation.

É unha especie comestíbel de interese pesqueiro que se captura nas zonas de pesca 61 e 77 (Pacífico noroeste e centro-leste, resplectivamente), sendo tamén obxecto de cría en acuicultura no Xapón.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Cooper, J. A. & F. Chapleau (1998): "Monophyly and intrarelationships of the family Pleuronectidae (Pleuronectiformes), with a revised classification". Fish. Bull. 96 (4): 686-726. Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.

Categoría:Pleuronectiformes Categoría:Animais descritos en 1890 Categoría:Produtos da pesca