Juan Somoza Rebollido, nado en Boiro en 1898 e finado no mesmo concello o 14 de outubro de 1985, foi un sindicalista e político galego.
Traxectoria Ferreiro e comerciante. Militante socialista. Foi correspondente de El Pueblo Gallego,El Pueblo Gallego, 26-2-1936, p. 9. La Lucha e Solidaridad Obrera en Boiro. Con motivo duns incidentes durante as eleccións de novembro de 1933 foi detido; xulgado en consello de guerra foi condenado a catro anos de prisión correccional,El Compostelano, 14-2-1935, p. 1. e internado no penal de El Dueso. Logo do triunfo da Fronte Popular en febreiro de 1936 foi amnistiado. Foi nomeado alcalde de Boiro en marzo de 1936.El Pueblo Gallego, 20-3-1936, p. 10. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estaba en Madrid.Algunhas fontes afirman que saíu de Galicia na evasión do San José n.º 2 o 27 de xullo de 1936 xunto con Elpidio Villaverde (Pereira, D. e Fernández, E.: O movemento libertario en Galiza (1936-1976). A Nosa Terra, 2006, páxina 13). Pode deberse a unha confusión co que era primeiro tenente alcalde José Martínez Virel ou co seu irmán Ramón Somoza Rebollido. Instalouse en Valencia onde participou con outros correlixionarios na creación do Grupo de Socialistas GalegosEl Socialista, 8.531, 31-7-1937, p. 2.. Exiliouse na Arxentina. Retornou a Galicia despois da morte de Franco e finou en Boiro o 14 de outubro de 1985 con 87 anos.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 19-10-1985, p. 50.
Vida persoal Casou con Consuelo Outeiral Outeiral, irmá de Juan Outeiral.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Categoría:Sindicalistas de Galicia Categoría:Alcaldes de Boiro Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSOE Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Boiro Categoría:Finados en 1985