Marcel Ophuls ([ˈɔfʏls]), nado en Frankfurt (Alemaña) o 1 de novembro de 1927 e finado en Lucq-de-Béarn o 24 de maio de 2025, foi un director de documentais e actor.
Traxectoria Ophuls naceu en Frankfurt, fillo de Hildegard Wall e do director Max Ophüls. A súa familia abandonou Alemaña en 1933 trala chegada ao poder do Partido Nazi e estableceuse en París. Trala ocupación de Francia en maio de 1940 marcharon á zona de Vichy onde permaneceron agochados durante un ano antes de cruzar a España para viaxar aos Estados Unidos, onde chegaron en decembro de 1941. Marcel serviu en 1946 nun equipo teatral do exército estadounidense no Xapón e logo pasou a estudar na Universidade de California, Berkeley. Ophuls nacionalizouse francés en 1938 e estadounidense en 1950.
Cando a familia volveu a París en 1950 Marcel converteuse en axudante de Julien Duvivier e Anatole Litvak, e traballou con John Huston en Moulin Rouge (1952) e co seu pai en Lola Montès (1955). Grazas a François Truffaut dirixiu un episodio de L’amour à vingt ans (1962), ao que seguiu o éxito Banana Peel (1964), con Jeanne Moreau e Jean-Paul Belmondo.
Ophuls pasou a televisión informando e documentando a crise de Múnic de 1938 en Munich (1967). Embarcouse entón na investigación da Francia ocupada en Le chagrin et la pitié. Comezou a identificarse como documentalista, usando un estilo caracteristicamente sobrio de entrevistas. A mediados da década de 1970 produciu documentais para CBS e ABC e o seu filme Hôtel Terminus (1988) gañou o Oscar ao mellor documental.
No Festival Internacional de Cinema de Berlín de 2015 recibiu o premio Berlinale Camera pola súa obra.
Filmografía Director Matisse, ou Le talent du Bonheur (1960) (curtametraxe) L’amour à vingt ans (1962) Peau de banane (1963) Faites vos jeux, mesdames (1965) Munich ou La Paix pour 100 ans (1967) La Moisson de My Lai (1970) Le chagrin et la pitié (1969) A Sense of Loss (1972) The Memory of Justice (1973–76) Hôtel Terminus (1988) November Days (1992) Veillées d'armes (1994) Un Voyageur (2012)
Actor Das schöne irre Judenmädchen (1984) Liberty Belle (1983) Festspiele (1982) Egon Schiele – Exzess und Bestrafung (1980) Lola Montès (1955)
Notas
Véxase tamén Bibliografía The sorrow and the pity : a film by Marcel Ophüls, Introdución de Stanley Hoffmann. Traducións, material biográfico e apéndices de Mireille Johnston, Nova York : Berkeley Publishing Corporation, 1975 Ligazóns externas
Escritos e entrevistas con Marcel Ophuls
Categoría:Directores de cinema de Francia Categoría:Nados en Frankfurt Categoría:Nados en 1927 Categoría:Finados en 2025