miniatura|Daifuku.

O ou é un wagashi (doce xaponés) consistente nun pequeno mochi (pastel de arroz glutinoso) cun recheo doce, comunmente anko, pasta adozada de feixóns vermellos azuki.

Elabóranse moitas variedades de daifuku. O máis común é un mochi branco, verde claro ou rosa claro recheo con anko, que adoita vir en dous tamaños, un pequeno e outro do tamaño da palma da man. Algunhas variedades conteñen pezas de froita enteira (as máis das veces amorodos), mesturas de froita e anko ou pasta de melón esmagado. Case todos os daifuku recóbrense cunha fina camada de amidón de millo ou taro para evitar que se peguen entre si, ou aos dedos. Algúns recóbrense con azucre glas ou cacao. Aínda que o mochitsuki é o método tradicional de elaborar mochi e daifuku, tamén poden facerse no microondas.

Historia O daifuku foi chamado orixinalmente por ir recheo. Máis tarde o nome cambiou a . Debido a que (‘ventre’) e (‘sorte’) se pronuncian igual en xaponés, o nome cambiou máis adelante a , propiciatorio da boa sorte. Para finais do século XVIII, o daifuku estaba gañando popularidade e a xente empezou a consumilo torrado. Tamén se usaban coma agasallo en ocasións cerimoniosas.

Variedades miniatura|Daifuku enteiro e cortado.

Unha versión feita con , que é mochi con sabor a artemisa.

Unha variante con amorodo e recheo docce, habitualmente anko, dentro dun mochi redondo pequeno. Ás veces úsanse cremas para o recheo doce. Por conter o amorodo, adoita mercarse na primavera. Foi inventado nos anos 1980. Moitas pastelarías atribúense a invención, non coñecéndose a súa orixe exacta.

Unha marca de xeado de mochi fabricada pola compañía Lotte.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Mochi Anko

Categoría:Arroz Categoría:Sobremesas Categoría:Gastronomía do Xapón Categoría:Doces Categoría:Pratos de arroz