O azafrán bravo, alcroque ou sasafrán bravoEn Termos esenciais de botánica (Universidade de Santiago de Compostela, 2004) recoméndase o nome safrán bravo, mais a RAG só recoñece o nome xenérico de azafrán ou sasafrán. (Crocus serotinus) é unha especie botánica do xénero Crocus da familia das Iridaceae. miniatura|Entre herbas dos candís (Arisarum vulgare) miniatura|No seu hábitat miniatura|Vista da planta
Descrición Planta de 6–12 cm, con bulbo, do que xorden directamente unhas longas e finas follas verdes e 1-3 flores de curto tubo formado por 6 pezas florais (tépalos), de cor rosa azulada, no centro das cales aparecen 3 longos estames e un estilo, dividido como unha "brocha" de escasos "pelos". Como o seu nome indica florea polo outono.
Distribución e hábitat Na Península Ibérica, en Portugal e Castela e León. En terreos fragosos e pasteiros.
Subespecies Ten 3 subespecies: Crocus serotinus subsp. serotinus: do centro e sur de Portugal. Crocus serotinus subsp. clusii (J.Gay) B.Mathew: Norte e centro de Portugal e noroeste e suroeste de España. miniatura|Crocus serotinus subsp. salzmannii Crocus serotinus subsp. salzmannii (J.Gay) B.Mathew: No sur, centro e norte de España. En Marrocos preto de Tánxer e no Rif.
Taxonomía Crocus serotinus foi descrita por Richard Anthony Salisbury e publicado en Parad. Lond. t. 30 1806. Citoloxía Número de cromosomas de Crocus serotinus (Fam. Iridaceae) e táxones infraespecíficos: 2n=22.Proves Chromosome counts in the genus Crocus (Iridaceae). Brighton, C. A., B. Mathew & C. J. Marchant (1973) Kew Bull. 28(3): 451-464 Etimoloxía Crocus: nome xenérico que deriva da palabra grega: κρόκος ( krokos ).κρόκος, Henry George Liddell, Robert Scott, A Greek-English Lexicon, on Perseus Esta, á súa vez, é probabelmente unha palabra tomada dunha lingua semítica, relacionada co hebraico כרכום karkom, arameo ܟܟܘܪܟܟܡܡܐ kurkama e árabe كركم kurkum, o que significa " azafrán "( Crocus sativus ), "azafrán amarelo" ou a cúrcuma (véxase Curcuma). A palabra en última instancia remóntase ao sánscrito kunkumam (कुङ्कुमं) para "azafrán" a menos que sexa en si mesmo descendente da palabra semita.http://www.etymonline.com/index.php?term=crocus
serotinus: epíteto latíno que significa "do serán".en Epítetos Botánicos
Sinonimia Crocus asturicus Herb. Crocus autumnalis Brot. Crocus clusianus Herb. Crocus clusii J.Gay Crocus granatensis Boiss. ex Maw Crocus nudiflorus Boiss., non Sm. Crocus salzmannianus Herb. Crocus salzmannii J.Gay Crocus tingitanus Herb.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Azafrán
Categoría:Crocus Categoría:Plantas descritas en 1806 Categoría:Flores Categoría:Flora de Galicia