Os hialocitos, tamén chamados células vítreas, son células do corpo vítreo do ollo, o cal é a cavidade chea de xel transparente (humor vítreo) situada no espazo situado entre o cristalino e a retina do ollo. Os hialocitos aparecen na parte periférica do corpo vítreo, e poden producir ácido hialurónico e coláxeno,Sommer F, Brandl F, Weiser B, Tesmar J, Blunk T, Göpferich A. "FACS as useful tool to study distinct hyalocyte populations." Exp Eye Res. 2009 May;88(5):995-9. Epub 2008 Dec 6 que pasan ao humor vítreo e forman fibrilas de coláxeno enlazadas coa hialurona.D. W. Fawcett. Tratado de Histología. Interamericana-McGraw Hill. 1987 11ª edición. Páxina 943. ISBN 84-7605-361-4 . Os hialocitos son células con forma estrelada cun núcleo oval.
O desenvolvemento de corpo vítreo no embrión ocorre en tres etapas: primaria, secundaria e terciaria. Durante a etapa primaria, que ten lugar entre as semanas 3 e 6, os compoñentes básicos empezan a formarse a partir da capa de células embrionarias do mesénquima. Os hialocitos probablemente se desenvolven a partir do vítreo primario vascular.
Notas
Categoría:Histoloxía Categoría:Ollo