Garbiñe Muguruza Blanco, nada en Guatire (Venezuela) o 8 de outubro de 1993, é unha extenista profesional hispanovenezolana que ten a dobre nacionalidade. Por decisión persoal decidiu representar a España nos torneos da WTA e na Copa Federación de Tenis da ITF. É a actual número 1 da clasificación mundial da WTA dende o 11 de setembro de 2017 nesta data por primeira vez na historia os números un do tenis mundial son españois, ó coincidir o reinado de Garbiñe co do balear Rafa Nadal.

O 4 de xuño de 2016 proclamouse campioa de Roland Garros, primeiro Grand Slam da súa carreira, logo de vencer na final a Serena Williams, número un do mundo,Garbiñe Muguruza tumba a Serena Williams e devolve Roland Garros ao tenis feminino español situándose na segunda posición da clasificación da WTA. A súa mellor clasificación ata o momento era o posto número 3, acadado en outubro de 2015 cando chegou á final do Campionato de Wimbledon, final que perdeu precisamente contra Serena Williams, no ano 2017 acada o título británico ó derrotar a Venus Williams por 7-6 e 6-0 na final, facéndose con seu segundo Grand Slam.

Na súa carreira gañou tamén tres títulos WTA en individuais, un deles categoría Premier Mandatory e tres en dobres. A nivel ITF gañou sete torneos individuais e un en dobres. En 2015 recibiu a medalla de bronce da Real Orde do Mérito Deportivo.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial Perfil ATP

Categoría:Tenistas olímpicos de España Categoría:Campións do Roland Garros Categoría:Nados en 1993 Categoría:Nados no estado de Miranda Categoría:Venezolanos de ascendencia vasca Categoría:Tenistas nos Xogos Olímpicos de 2016 Categoría:Tenistas nos Xogos Olímpicos de 2020 Categoría:Tenistas de Venezuela