A nefrina é unha proteína necesaria para o correcto funcionamento da barreira de filtración renal. Dita barreira consta de células endoteliais fenestradas, a membrana basal glomerular, e os podocitos. A nefrina é uha proteína transmembrana que é un compoñente estrutural das fendas de filtración dos podocitos.
Un defecto no xene da nefrina, NPHS1, está asociado coa síndrome nefrótica conxénita de tipo finlandés e causa a perda pola urina de cantidades masivas de proteínas, ou proteinuria. A nefrina tamén é necesaria para o desenvolvemento cardiovascular.
Interaccións A nefrina presenta interaccións con: CASK, CD2AP, CDH3 e CTNND1, FYN, KIRREL, e NPHS2.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Podocito
Bibliografía
Ligazóns externas
Categoría:Proteínas