José Luis Martínez Sanjurjo, nado en Ordes en 1977, é un enxeñeiro e político galego do PPdeG.

Traxectoria Enxeñeiro técnico forestal de profesión. Nas eleccións municipais de 2011 foi o cabeza de lista do Partido Popular á alcaldía de Ordes, mellorando de forma considerable os resultados, se ben volveu quedar por detrás de Unión por Ordes. Nas eleccións municipais de 2015 encabezou novamente a candidatura do PPdeG e logrou vencer a Unión por Ordes por tan só 7 votos, polo que foi elixido alcalde como cabeza da lista máis votada.José Luis Martínez Sanjurjo toma posesión como nuevo alcalde de Ordes por el Partido Popular En xaneiro de 2017 dous edís populares marcharon ao grupo mixto e encabezaron Ciudadanos nas municipais de 2019.

Nas eleccións municipais de 2019 acadou de novo a alcaldía,Concello de Ordes na FEGAMP nesta ocasión con maioría absoluta, sen conseguir os seus excompañeiros de Ciudadanos representación. Nas municipais de 2023 revalidou novamente a alcaldía con maioría absoluta.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Ordes

Categoría:Alcaldes de Ordes Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Ordes Categoría:Nados en 1977 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes