Ibon María Areso Mendiguren, nado en Bilbao o 20 de maio de 1944, é un arquitecto e político vasco, membro do Partido Nacionalista Vasco.
Biografía En xuño de 1991 foi elixido concelleiro no concello de Bilbao e o entón alcalde Josu Ortuondo nomeouno responsable da Área de Urbanismo e Medio, exercendo tamén o cargo de Tenente de Alcalde. Foi membro da corporación municipal ata xuño de 2015.
En marzo de 2014 foi nomeado alcalde da vila de Bilbao tras a morte do anterior, Iñaki Azkuna. Antes do falecemento de Azkuna, foi Concelleiro Delegado da Área de Urbanismo e Coordinador de Políticas de Planificación Urbana no citado concello.
Notas
Categoría:Alcaldes de Bilbao Categoría:Políticos do PNV Categoría:Nados en Bilbao Categoría:Nados en 1944