Sancho VI de Navarra, o Sabio, nado cara ao 1133 e finado o 27 de xuño de 1194, foi rei de Pamplona e Navarra dende 1150 ata a súa morte. Foi o primeiro en abandonar definitivamente o título de rei de Pamplona para adoptar o de rei de Navarra.
Traxectoria Era fillo de García Ramírez o Restaurador e da súa primeira esposa Margarida de l'Aigle. O seu reinado caracterizouse polos constantes enfrontamentos con Castela e Aragón. Os seus principais logros foron estabilizar o Reino e afianzar a súa dinastía no trono navarro. Así mesmo, realizou importantes obras arquitectónicas e fundou numerosos mosteiros cistercienses.
O 2 de xuño de 1157 casou en Carrión de los Condes (Palencia) con Sancha de Castela, filla do rei Afonso VII de León e a súa primeira esposa, Berenguela de Barcelona. Tiveron seis fillos: Berenguela (ca. 1165-1230), casada en 1191 con Ricardo Corazón de León, rei de Inglaterra. Sancho VII o Forte (1170-1234), rei de Navarra (1194-1234). Branca (1177-1229), casada co conde Teobaldo III de Champaña, nai do rei Teobaldo I de Navarra. Os seus descendentes converteranse no século XIII en reis de Navarra. Fernando (m. 1207), enterrado posiblemente no Panteón Real de Las Huelgas (Burgos). Teresa e Constanza, falecidas tamén moi novas e das que apenas hai datos.
Faleceu o 27 de xuño de 1194 e recibiu sepultura na catedral de Pamplona.
Véxase tamén Lista de monarcas de Navarra
Ligazóns externas
Biografía de Sancho VI
Categoría:Reis de Navarra Categoría:Nados en 1133 Categoría:Finados en 1194