Bartonella elizabethae (antes chamada Rochalimaea elizabethaeLPSN Bartonella), é unha especie de alfaproteobacteria. Pode causar enfermidades en animais e humanos. As infeccións por B. elizabethae poden ser máis comúns do que previamente se pensaba. Nun estudo feito en Nova York en 1997-98 entre drogadictos por vía intravenosa sobre especies de Bartonella atopou que os anticorpos contra B. elizabethae eran os máis comúns entre as bartonelas, atopados no 46% dos casos.Comer JA, Diaz T, Vlahov D, Monterroso E, Childs JE. Evidence of rodent-associated Bartonella and Rickettsia infections among intravenous drug users from Central and East Harlem, New York City. Am J Trop Med Hyg. 2001 Dec;65(6):855-60. PMID 11791987
Deuselle o seu nome específico polo hospital de St. Elizabeth en Brighton, Massachusetts, onde foi illada.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Bartonella-Associated Infections – CDC Information on Bartonella – lymedisease.org Bartonella species - List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature
Categoría:Rhizobiales