Xosé Lois García Carballido, nado en Narón en 1974, é un político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria Profesor de inglés en Secundaria. Foi director do IES Agra de Raíces de Cee (2010-2011). Despois trasladouse ao IES de Ponteceso. Foi cabeza de lista do PSdeG-PSOE en Ponteceso nas eleccións municipais de 2011 e situouse como voceiro da oposición. Nas eleccións municipais de 2015 encabezou de novo a candidatura socialista e foi elixido alcalde co apoio dos concelleiros de APIN e BNGPonteceso tiene nuevo alcalde, el socialista Lois García Carballido, cos cales formou un goberno de coalición. Nas eleccións municipais de 2019 acadou de novo a alcaldía ó logra-la maioría absolutaConcello de Ponteceso na FEGAMP.

No outono de 2020 expulsou a 5 dos 8 concelleiros socialistas tras diversas discrepancias, polo que afrontou o resto do mandato en minoría. En abril de 2021 presentouse unha moción de censura encabezada por unha das edís exsocialistas e que contaba co apoio dos edís díscolos e dos demais grupos da oposición, a cal non foi tramitada dado que o voto dos edís díscolos contra un alcalde electo dentro da súa mesma lista non é válido. Nas eleccións municipais de 2023 perdeu a maioría absoluta e pasou de 8 a 4 concelleiros, se ben continuou a sela candidatura máis votada. Porén, perdeu a alcaldía ó apoiar outros grupos a investidura do candidato do PPdeG José Manuel Mato.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Ponteceso

Ligazóns externas

«Prometín non cobrar ata resolver a débeda e cumprino», entrevista en La Voz de Galicia.

Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Alcaldes de Ponteceso

Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Narón Categoría:Nados en 1974