San Xoán do Piñeiro é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Covelo na comarca da Paradanta. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 136 habitantes (74 mulleres e 62 homes), distribuídos en 18 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 166 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 96 habitantes, sendo 44 homes e 52 mulleres.

Información A parroquia áchase a 9 quilómetros da capital do concello, situada na faldra da Serra do Suído (Espazo natural protexido). Na Guía do Piñeiro, a uns 500 metros de altitude, existe unha capela sobre un castro sen levantar onde un afeccionado atopou unha brosa da Idade de Bronce. Tamén hai cruceiros e unha vía empedrada.

Lugares e parroquias Lugares do Piñeiro

Parroquias de Covelo

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Covelo

Categoría:Parroquias de Covelo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xoán