O falcón sacre é unha especie de ave de rapina da orde das falconiformes.

Morfoloxía É un dos falcóns máis grandes. O dorso e a cabeza é dun marrón avermellado. A parte inferior do corpo é branca manchada con marcas acastañadas. Patas amarelas e os ollos acastañados

Reprodución O niño adoita localizarse nas árbores ou en rochas. A posta é de 4-5 ovos, sendo chocados uns 30 días. Os polos permanecen no niño uns 45 días

Nutrición Esquíos, ratos ou lemmings. Tamén aves, ata o tamaño dunha garza. Adoita cazar lanzándose dende algunha elevación, ou ben caza as súas presas en pleno voo.

Distribución Dende o sueste de Europa ata Transbaikalia. Cara ao sur atópase ata o Himalaia.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Falcónidos Categoría:Aves de Eurasia Categoría:Animais descritos en 1834