O raposo gris das illas ou raposo insular (Urocyon littoralis)Baird, S.F. (1857, 1858). Mammals. A Reports of explorations and surveys for a railroad route from the Mississippi River to the Pacific Ocean. Beverly Tucker, Printer, Washington DC, 8 (part 1): 143, 757 páx.uBio The Taxonomicon é un pequeno cánido en perigo de extinción que só vive nas Illas Santa Bárbara, un pequeno arquipélago localizado fronte ás costas de California. É unha das dúas especies actuais clasificadas no xénero Urocyon, sendo a outra o raposo gris (Urocyon cinereoargenteus), o seu devanceiro no continente. É o raposo de menor tamaño de América do Norte e un dos máis pequenos do mundo, pois rivaliza por este título co fenec (Fennecus zerda) de África.

A poboación do raposo gris das illas descendeu fortemente durante a década de 1990 por mor das enfermidades introducidas no arquipélago, da actividade humana e da depredación da aguia real. Dende 2004, as catro subespecies máis ameazadas están protexidas e puxéronse en marcha plans de conservación do seu hábitat e de cría en catividade.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Animais descritos en 1857 Categoría:Cánidos Categoría:Mamíferos dos Estados Unidos de América