Eva María de Cárdenas Botas, nada na Coruña en 1965, é unha empresaria galega, exdirectiva da multinacional Inditex e de Sargadelos.
Traxectoria Filla de Antonio de Cárdenas Sans e Cristina Botas Prego. Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e concluíu un Mestrado en Administración e Dirección de Empresas polo Instituto de Empresa de Madrid. Chegou a Inditex en 2003 procedente da firma de cosméticos L'Oréal e con 38 anos converteuse na segunda muller á fronte dunha das cadeas do xigante téxtil tras Carmen Sevillano (Oysho). Dirixiu o sector de perfumaría de Zara.
Dende 2003 foi directora de Zara Home ata 2018, ano no que deixou o seu posto por motivos persoaisEva Cárdenas deixa a dirección de Zara Home por motivos persoais, nova na TVG. En marzo de 2019 fundou, a canda a filla, unha axencia inmobiliaria, Niebla Azul, sociedade coa que adquiriu propiedades en Oleiros e na Coruña.
Dende decembro de 2020 foi asesora externa do Grupo SargadelosSargadelos ficha como asesora a Eva Cárdenas, pareja de Feijóo., ata que no verán de 2022 deixou ese traballo, logo de mudarse, coa parella, a Madrid.
Vida persoal Casada e cunha filla, divorciouse do primeiro home. Desde 2013 diversos medios de comunicación foran sinalando que mantiña unha relación sentimental con Alberto Núñez Feijóo."El soltero de oro del PP se apunta al lujo", El Correo Español, 1/11/13."Núñez Feijóo aparece por primera vez con su chica en público", El Norte de Castilla, 13/1/2015. En febreiro de 2017 deu a luz na cidade da Coruña o seu segundo fillo, froito da súa relación co daquela presidente da Xunta.
Notas
Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Nados en 1965 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Inditex Categoría:Parellas do presidente da Xunta de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados na Coruña