A FabaGómez Bautista, Alberto, Toponimia do Baixo Bierzo e Os Ancares Orientais, Fala Ceibe, 2004, PonferradaGarcía García, Jesús, Tierras de León: Revista de la Diputación Provincial, Vol. 26, Nº 62, 1986.(La Faba en castelán e oficialmente) é unha localidade do concello leonés da Veiga de Valcarce na bisbarra do Bierzo. Segundo o INE, o 1 de xaneiro de 2012 tiña 25 habitantes. Situación No Camiño de Santiago, final do Val do Valcarce entre A Lagúa e As Ferrarías subindo cara ao Cebreiro, penúltima aldea da provincia de León. As poboacións máis próximas á Faba son Barxelas, Santo Tirso e As Lamas. Está a 920 m de altitude.

Patrimonio A igrexa está encomendada a San Andrés, dos séculos XVI e XVIII e cunha mestura de dúas épocas: Renacemento e Barroco. É un edificio dunha soa nave dividida en dous tramos, a cabeceira con bóveda de medio canón e arco perpiaño apoiado sobre pilastras pegadas dando acceso á nave, que se cobre con estrutura de madeira a dúas augas con tirantes, situándose despois, en elevado, o coro, de madeira recortada e cunha escaleira de acceso moi rudimentaria. O seu patrimonio está composto por un retablo de estilo barroco e dúas pías, unha bautismal con gallóns, e outra de auga bendita de ampla proporción e pé baixo, con igual decoración, realizadas en pedras enteirizas.

Subindo cara á Faba, partindo de Veiga de Valcarce, nun cavorco antes de chegar á aldea, consérvase, case agochado entre a vexetación, unha pequena ponte medieval composta por unha bóveda en arco de medio punto e unha embocadura formada por laxas de lousa, sen peitoril nin extradorso.

É a "Vila Oxa" xa mencionada no século XII .

Notas

Categoría:A Veiga de Valcarce