miniatura|260px|Gymnachirus texae. miniatura|260px|Hypoclinemus mentalis. miniatura|260px|Trinectes maculatus. A dos aquíridos (Achiridae) é unha familia de peixes osteíctios da orde dos pleuronectiformes e suborde dos pleuronectoideos que abrangue preto de 35 especies distribuídas en 9 xéneros propias das augas doces e salgadas de ambas as Américas.

Estes peixes planos están estreitamente relacionadas cos da familia dos soleidos (linguados), e en tempos pasados foron clasificados como unha subfamilia desta, aínda que teñen un unha serie de características distintivas que xustifican a súa actual colocación nunha familia propia. A isto alude o seu nome vulgar inglés de american soles (liguados americanos).

Características Ambos os ollos están situados no lado dereito do corpo, que é de forma ovalada ou arredonda visto lateralmente, incluíndo as aletas. O labio inferior do lado cego ou depigmentado ten un bordo carnoso, reforzado por unha cartilaxe interna, o que é un carácter distintivo da familia. As aletas dorsal e anal está xeralmente separadas da aleta caudal.As aletas pectorais son moi pequenas ou están ausentes (ao que alude o seu nome científico). A aleta dorsal esténdese cara a adiante até rodear todo o maxilar superior.Ramos, R. T. C. (2003): "Achiridae (American soles)", p. 666-669 en R. E. Reis, S. O. Kullander e C. J. Ferraris, Jr. (eds.) Checklist of the Freshwater Fishes of South and Central America. Porto Alegre, Brasil: EDIPUCRS.

Son peixes bastante pequenos, xa que o tamaño medio das especies duns 15 cm, sendo as especies de río de maior tamaño que as mariñas. Tan só Achirus achirus supera os 30 cm de lonxitude.Froese, Rainer and Pauly, Daniel, eds. (2014): Achirus achirus (Linnaeus, 1758) en FishBase.

Taxonomía A familia foi descrita por primeira vez polo naturalista estadounidense de orixe franco-xermana-italiana Constantine Samuel Rafinesque.

Clasificación Na actualide recoñécense dentro da familia os seguintes xéneros:Achiridae Rafinesque, 1815 no WoRMS.

Achiropsis Steindachner, 1876 Achirus Lacépède, 1802 Apionichthys Kaup, 1858 Catathyridium Chabanaud, 1928 Gymnachirus Kaup, 1858 Hypoclinemus Chabanaud, 1928 Pnictes Jordan, 1919 Soleonasus Eigenmann, 1912 Trinectes Rafinesque, 1832

Porén, diversos autores recoñecen só 6 xéneros (con 33 especies),Froese, Rainer, and Daniel Pauly, eds. (2012): Achiridae en FishBase.Achiridae no SIIT e outros, 7.Achiridae na EOL.

Etimoloxía O nome científico Achiridae está formado pola raíz do latín científico Achir-, derivada do termo do grego antigo άχειρος ácheiros,A adaptación en latín é [achiros]. "sen mans" (de α- a- elemento privativo, e χείρ cheír,A adaptaciíon en latín é [chir]. "man"), e a desinencia ´-idae, propia dos nomes das familias de animais. Literalmente: "os mancos", aludindo á brevidade ou ausencia das aletas pectoriais destes peixes.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2. Eschmeyer, William N., ed. (1998): Catalog of Fishes. Special Publication of the Center for Biodiversity Research and Information, núm. 1, vol. 1-3. San Francisco (California, Estados Unidos): California Academy of Sciences. ISBN 0-940228-47-5. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.

Outros artigos Teleósteos Pleuronectiformes

Ligazóns externas Achiridae. American soles na ADW. Achiridae na EOL. Contén informacións, numerosas imaxes e mapas de distribuución.

Categoría:Pleuronectiformes