BMC Switzerland AG (abreviatura de Bicycle Manufacturing Company) é unha empresa suíza fabricante de bicicletas e produtos de ciclismo con base na cidade de Grenchen, Suíza. BMC fundouse en 1986 e distribúe artigos de ciclismo por lugares de case todo o mundo.
Historia 1986 - 2001 primeiros anos No ano 1986, o norteamericano Bob Bigelow fundou BMC como unha distribuidora de bicicletas Raleigh. Despois, de perder a licenza de distribuidora de Raleigh, o fundador, Bob Bigelow comezou a fabricar bicicletas baixo o nome de BMC, pero continuaba sendo unha marca descoñecida. En 2001, cambiando a súa estratexia, investiuse unha grande fortuna en enxeñaría e deseño.
2002 - actualidade No 2002, BMC desenvolveu a súa liña de bicicletas timemachine para o defunto Phonak Cycling Team. Dende aquela, varios equipos e ciclistas empregaron bicicletas BMC en Grandes Voltas ou clásicas. Un deses equipos, é o de fábrica, o BMC Racing Team, que milita no UCI WorldTour.
Véxase tamén Outros artigos BMC Racing Team
Ligazóns externas Páxina web oficial
Categoría:Empresas de bicicletas Categoría:Empresas de Suíza