Cevide é unha localidade portuguesa da freguesía de Cristóval, no concello de Melgaço. Viven hoxe non máis de catro persoas.

Xeografía É o lugar máis setentrional de Portugal, situado a carón da desembocadura do río Troncoso (ou Barxas) no río Miño, fronte á vila galega da Frieira (concello de Crecente).

Historia Durante a Guerra Civil Española a ponte internacional foi dinamitada polas tropas nacionais para impedir o paso dos republicanos. Como lugar fronteirizo, tivo gran peso o contrabando.

Cevide contaba cunha Guarda Fiscal, mais na actualidade está pechada, e o posto da Guarda Nacional Republicana máis próximo está a case vinte quilómetros de distancia.

Lugares e freguesías Lugares de Cristóval

Freguesías de Melgaço

Véxase tamén Ligazóns externas Blog Portugal a Pé Relato dunha viaxe a pé por Portugal con varias fotografías do punto final, Cevide (en portugués).

Categoría:Melgaço